A Libraría Miranda organiza o xoves 15 de xuño a presentación do libro Se falases de min, de Antonio García Teijeiro, nun acto que terá lugar ás 19 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar. O autor vai estar acompañado do editor Xabier Romero, e gozarase dunha actuación musical Los Hermanos Cunha.

SINOPSE: Non podemos definir este traballo como un libro. Non. Trátase dun «artefacto», un obxecto ambicioso que reivindica dende o seu inicio un contedor onde poesía, palabra, música e pintura se funden da man dos seus creadores a partir dos poemas e da narrativa de Antonio García Teijeiro. Paco Ibáñez, Alberto Cunha, Xulio García Rivas e o poeta dan vida propia a Se falases de min nun proxecto singular que reúne nunha soa obra tanta sensibilidade. Unha viaxe de autenticidade cos poemarios «Palabras envoltas en cancións» e «Cando caen as follas» que inspiran as pinturas que os acompañan e as inconfundibles voces que interpretan os poemas. Testemuño dos seus creadores que nos mostra a maxia que existe cando se mesturan diferentes xeitos de expresión para se converter en arte.