A compañía ButacaZero presenta o espectáculo "Camiños", dentro do ciclo Ponteatro 2020.

Carolina viaxa cara aos Estados Unidos. Daiana, a bisneta dunha emigrante galega, ven da Arxentina. Comparten asento no aeroporto. Entre elas, milleiros e milleiros de #camiños.

Camiños que unen as aldeas coas ciudades. Os poemas de Rosalía coa música electrónica. O spinning co churrasco. As fotos viradas sepias coas que acabamos de colgar no Facebook.

Camiños que unen o que fomos co que desexamos ser.

Aforo limitado a 60 persoas sentadas individualmente e cunha cadeira libre polo medio.

O uso de máscara é obrigatorio en todo momento, así como o cumprimento da normativa e restricións sanitarias vixentes en cada momento, ao igual que se deben cumprir permanentemente as indicacións do persoal de sala.

Non está permitido intercambiar cadeiras ou ocupar cadeiras diferentes á que figura na entrada adquirida.