Moduladores son unha nova banda de músicos que xa pasaron por diferentes proxectos antes. Trátase dun proxecto instrumental que navega por diferentes estilos dun xeito pouco convencional, fusionando surf e electrónica entre moitas peculiaridades, como o uso melódico do theremin.

Son Nico Rodríguez á batería, Pablo Muñiz ao baixo, Xavier Soto á guitarra, Paulo Pascual ao theremin, guitarra e sintetizador. Usan sons exóticos, experimentais, e etc xigantesco. Fano coa porta sempre aberta a novas ondas. Elaboran as súas propias composicións nun momento no que parece que o contrario é a norma.

Poden lembrarnos a Lothar& the Hand People, Man or Astro-man?, Sonic Youth, Sufjan Stevens, La Luz, Los Straitjackets, etc... e despois afastarnos deles.