Proxección de "Little Joe" (Jessica Hausner, 2019, Austria, 105′, VOSE), nunha nova sesión organizada Cineclube Pontevedra.

Lingua orixinal: inglés.

……

Alice traballa nunha compañía de enxeñaría biolóxica, onde se encarga de cultivar plantas modificadas xeneticamente. É a responsable dun exitoso deseño: unha flor chamada Little Joe, en honor ao seu fillo. Cuns poucos coidados, o recendo químico de Little Joe pode proporcionarlle felicidade á xente, así coma infinidade de valores terapéuticos beneficiosos para a humanidade. Antes de que o experimento finalice, Alice agasállalle un exemplar da flor ao seu fillo, que irá mudando de conducta de forma estraña. Mais, son os cambios de comportamento debidos á ciencia ou á progresiva deshumanización da especie? O último filme de Hausner é un sorprendente conto terrorífico a modo de parábola social sobre a alienación e a perda de emocións reais para acadar unha felicidade artificial.

Premio á Mellor Actriz no Festival de Cannes, Sección Oficial do Festival de Sevilla, D'A Film Festival…

……

O CINECLUBE LÉMBRAVOS QUE:

A billeteira do Teatro Principal estará aberta todos os días de sesión dende as sete e media.

O aforo continúa reducido até novo aviso a sesenta persoas, con posibilidade de agrupar conviventes de dous en dous.

O uso de máscara é obrigatorio durante as sesións.

As portas do Teatro estarán abertas dende as 20 h para garantir unha entrada do público segura e escalonada.

Por seguridade e por respecto ás demais, unha vez comezado o filme non se permitirá a entrada, polo que pregamos puntualidade.