12.00h A partir de 16 anos

Neste encontro traballaremos diferentes calidades do movemento colocando o foco no noso propio corpo e a súa relación co espazo. Traballaremos adestrando a atención e a observación para poder gozar do noso movemento e seguir desenvolendo a nosa capacidade de improvisación e consciencia corporal

Sen prexulgamentos, a nosa atención estará posta na premisa da que aprenderemos a entrar e saír sen deixar de estar presentes na acción de mover.

Baseándonos na metodoloxía de movemento Asymmetrical motion, empregaremos o corpo e a palabra escrita para despois encarnala de novo e reafirmar a experiencia.

Este obradoiro está dirixodo a todas as persoas que entendan a danza como movemento, con interese en traballar con ferramentas da danza contemporánea.

IMPARTIDO POR: ELSA PEREIRA

Dende 2011 fórmase en danza contemporánea e danza Butoh, teatro e clown. Asiste a obradoiros e seminarios de diferentes técnicas.e experimenta co seu e co movemento dxs outrxs.

En 2019 múdase ao Porto onde asiste á (FAICC) FORMAÇÃO AVANÇADA EM INTERPRETAÇÃO E CRIAÇÃO COREOGRÁFICA que ofrece a Companhía Instavel, onde pon en escena varias pezas de pequeno formato. Neste período colabora coa Faculdade de Arquitetura do Porto facendo parte do proxecto "Percursos pela arquitetura", traballo "site specific".

Dende 2017 leva a cabo o proxecto Laboratorio movemento/ImproDanza en varios espazos co obxectivo de achegar un traballo de investigación e adestramento dende un lugar amable para todxs os corpos, xa que entende que ao movernos, danzamos.