PERTENZA convídavos á presentación do libro «José Afonso-Todas as Canções». Libro que reúne as partituras, letras e diagramas de acordes de 159 cancións da autoría de José Afonso, compiladas e transcritas por Guilhermino Monteiro, José Mário Branco, João Lóio e Octávio Fonseca.

No acto intervirán, Enrique Marqués e Antônio Pimenta (da Asociación José Afonso)

Presentará e moderará, Xoán Manuel Estévez (membro de PERTENZA)

Desfrutaremos dunha intervención musical a cargo de Su Garrido e Xico de Carinho