Javier Pereiro, tamén coñecido polo seu alcume "GDjazz", é un trompetista e compositor natural de Cangas do Morrazo. Formado dende a súa nenez como músico "clásico", acabou por atopar no jazz, unha canle de expresión artística de excitantes e infinitas posibilidades.

Trátase dun dos músicos máis versatis do panorama galego, tendo traballado en multitude de proxectos dos máis variados xéneros e estilos musicáis, chegando a participar na gravación de máis de sesenta discos.

Para Javier, a Música é unha linguaxe de emocións e sentimentos, só atinxible a través dunha profunda conexión co momento presente.

Javier "GDJazz" Pereiro: Trompeta

Alex Touceda: Contrabaixo

Roi Adrio: Batería