Idades recomendada: + 9 meses a 3 anos

Duración: 40 min

Entradas para o espectáculo "JARDÍN SECRETO – ZIG ZAG DANZA" (ASTURIAS) do CIRCUITO DE LA RED DE TEATROS ALTERNATIVOS o Sábado 27 e Domingo 28 de Febreiro de 2021 na sala Ártika de Vigo

"Jardín Secreto" é un chamamento á observación das pequenas cousas. Presentamos un espazo habitado e en constante transformación a través do movemento e a luz, unha alegoría da natureza onde os pequenos movementos e as pequenas cousas xeran grandes cambios que supoñen o fluír do desenvolvemento da vida.

Esa predisposición á observación tranquila que, o ritmo vertixinoso da nosa sociedade dificulta, é o obxectivo do noso traballo e "O segredo" do noso xardín.