O II Encontro de Viños da Raia celebrarase o sábado 8 e o domingo 9 de abril na praza da Inmaculada coa participación dunha decena de adegas, postos de petiscos e actividades paralelas.

Participan a Adega Corisca, de Tui; Adega do Vimbio, de Tomiño; Adega Edmun do Val, de Valença; Sergio Álvarez, do Rosal; Lagar Pedregales, de Tomiño; Adega do Ricón, de Arbo; Adega Pateira, do Rosal; Márcio Lopes, de Melgaço e Adega María Bargiela, de Salvaterra de Miño. Poderanse degustar os seus viños, a partir de 2,50€ a copa, acompañados pola oferta gastronómica de distintos postos de comida que ofrecerán petiscos coma xamón, queixo, patés, empanadillas…

Sabado, 8 de abril

Ás 12.00 h Inauguración do II Encontro e apertura dos postos de degustación.

Ás 19.00 h Presentación dos viños da enóloga tudense Susana Esteban no interior do edificio na Praza da Inmaculada. Capacidade 50 persoas. Entrada gratuíta previa inscrición na Oficina de Turismo.

Ás 20.30 h Presentación do libro “A nación dos mil viños” de Martiño Santos, Xosé Gontá Sobrino e Toño Núñez Amigo-Rivadulla publicado por Edicións Laiovento. No interior do edificio na Praza da Inmaculada. Entrada gratuíta até completar a capacidade.