Presenta: Carlos Garrido Costas

Invitado: Sebastián Álvaro

(Aventureiro e escritor)

¿Foron George Mallory e Andrew Irvine os primeiros seres humanos en acadar o cumio máis alto do planeta? Esta pregunta ronda o inconsciente colectivo dende que desapareceron no ano 1924 durante o seu intento de escalar o Everest. Hoxe en día, continúa a ser un dos grandes misterios do alpinismo.

Non hai máis certezas nesta historia que a grandeza dos seus protagonistas que, naqueles remotos lugares extrañamente misteriosos e descoñecidos, se aventuraron coa firme vontade de pisar o teito do mundo.

Da man de Sebastián Álvaro, autor do libro, chegaremos máis aló de acadar unha resposta.