Idades recomendada: + 12 anos

Duración: 60 min

Entradas para I CICLO DE DANZA E ARTES DO MOVEMENTO “BONUS DANCE - 3 SOLOS DE DANZA" o sábado 17 e domingo 18 de xullo 2021 na Sala Ártika de Vigo.

Sinopse

A Sala Ártika programa durante este fin de semana tres solos de danza de tres bailaríns. María Llanderas, Clara Ferrao Diz e Juan Cid presentan as súas propostas independentes:

A IDEA PRIMARIA É ESNAQUIZALO A CABEZADAS (Mostra do proceso) de María Llanderas

A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas abraza o espírito inconforme de Xela Arias e o seu pulo por facer da poesía unha arma viva. Xela escribiu poemas como quen xoga a quitar pezas dunha torre, comprobando cantas pode retirar sen que caia. É nese lugar precario onde nos colocamos, recollendo o seu impulso de experimentación e poñendo en diálogo poesía, artes performativas e artes do movemento. Alí onde ‘non hai idioma abondo para recoñecérmonos’ poñemos o corpo ao servizo das súas imaxes e abrazamos as imposibilidades e contradicións que xorden deste encontro.

Esta peza conta co apoio de: Colectivo RPM, Xunta de Galicia, AGADIC, Xacobeo 21-22, Centro Dramático Galego/Salón Teatro e Fundación Cidade da Cultura

MIÑA XOIA de CLARA FERRÃO DIZ

"Un corpo, unha vibración, un croque, unha fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que isto vai cambiar. Ás veces todo parece invisible, só está o corpo, só o cansanzo, só o movemento inagotable que me permite recoñecer onde me atopo. A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo difumínase, atopa unha nova vibración. O corpo transfórmase, haberá unha solución que descoñezo.”

SOLEDAD SOLEADA de JUAN CID

Coma un instante, un día ou unha mañá efímera, as etapas deste longo percorrido confrontanse, xogando a ser un espexismo cambiante pola cal se va deixando caer o corpo. Corpo que á vez é espello doutros corpos ou a imaxe dun fantasma que habita entre pensamientos, susurrando que la soledad es un engaño, que habitamos en cajas a las cuales nombramos como objetos. Creando infinitos apartados que nos separan de lo otro, aquello otro que puede ser también lo mismo.

Entonces. Yo me muevo hacia tu ventana y te miro