No marco da celebración deste atípico Ano Santo, a exposición da Real Academia Galega das Belas Artes componse de obras de destacados artistas galegos das disciplinas pictórica, escultórica e fotográfica, asocia o arte co Camiño de Santiago utilizando como fío condutor citas e referencias sobre a cidade de Compostela e a peregrinación Xacobea realizadas por autores como Vicente Risco, Dante ou Federico García Lorca.

"Facer Camiño" reúne obras de Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguelanxo Prado.