Idades recomendada: + 3 anos

Duración: 60 min

Entradas para "EMOTICOLORS – TARAMBANA ESPECTÁCULOS" (Madrid) o Sábado 6 e Domingo 7 de Marzo na sala Ártika de Vigo.

Un conto onde as cores, as emocións, a música, a tolerancia e a diversidade únense creando un espectáculo máxico e moi divertido.

EmotiColors cóntanos a historia dun color, o negro (Black), que chega ao País das Cores Primarias, (Red, Yellow e Blue). Dende o principio, Black, é rechazado pola súa condición de diferente e vese obrigado a marcharse e probar sorte no País das Cores Secundarias (Green, Orange e Violet), onde tampouco é aceptado. Sen embargo, neste percorrido todas as cores iranse coñecendo, deixarán de terlle medo e comprenderán que Black non é outra cousa que a suma de todos eles, e tamén de tódalas emocións que representan.

Un final aberto á esperanza de que case sempre as diferencias resultan beneficiosas e crean un futuro brillante.

Unha divertida e orixinal mestura de teatro, música e audiovisuais que nos somerxen no universo da intelixencia emocional a través das cores e ensínanos a poñer nome ao que sentimos e a afrontalo.