Excéntricas e Teatro do Adro (Galiza) presentan o espectáculo "Cartóons", dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal.

Dous pallasos moran á marxe. Á marxe de todo. Arrodeados de cartóns, nun mundo de cartóns que a xente tira porque non serven para nada. Quen dixo que non servían para nada? Con eses cartóns construirán cousas e mais cousas. Con eses cartóns construirán todas as historias que nos contan.

Clown e musical.

Duración: 50 minutos

Recomendado partir de 4 anos.

Dobre función, ás 12:00 e 18:30 h. no Teatro Principal de Pontevedra.

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo único de 4,00 € por pase. De non esgotarse as entradas na venda anticipada, a billeteira do Teatro Principal abrirá de 10:00 a 11:00 h. na sesión matinal, e de 16:30 a 17:30 h. na da tarde.

Por favor, achégate ao teatro con antelación (30 min) para evitar aglomeracións e acceder as túas localidades con seguridade. Butacas numeradas.

A 22ª edición do Festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal, terá lugar todos os domingos comprendidos entre o 17 de xaneiro e o 21 de marzo, con dobre pase ás 12:00 e 18:30h. no Teatro Principal de Pontevedra.

Os últimos 3 coincidirán coas datas de celebración do Salón do Libro e estarán relacionados coa súa temática: cambio climático, ecoloxismo, Efecto PO2.