Autoría: Pascal Rambert

Dirección e adaptación: Carlos Álvarez-Ossorio

Elenco artístico: Teté García e Xosé M.Esperante

Clausura do amor é o texto máis representado do francés Pascal Rambert, estreado en Avignon e traducido a máis de dez idiomas. Trátase dunha obra de resistencia física e emocional, onde os dous intérpretes deben abrirse en canal para enfrontarse a un texto visceral sobre a fin do amor.

O/a espectador/a asiste ao acto mesmo de clausurar o amor, de matalo en escena. Un duelo verbal que parte da dor, do medo e da liberación. Actuación e palabra. Nada máis. Un combate desgarrador e devastador, a través de dous

monólogos intensos e inmensos.