Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta o ciclo de cinema «Mulleres» conformado por películas nas que as mulleres son as protagonistas e nas que se tratan temas como a reivindicación de dereitos, a soidade ou o traballo digno. Un ciclo transversal que ten como eixe vertebrador o empoderamento das mulleres.

As películas A favorita, Unha cuestión de xénero e Toni Erdmann son as escollidas para formar parte do cartel deste ano. Proxectaranse nas Sedes de Afundación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo entre marzo e abril. As proxeccións son en versión orixinal subtitulada na Coruña e Santiago, e dobrada, en Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra con subtítulos para persoas xordas.

O martes, 22 de marzo, ás 19.30 h na Sede Afundación Vigo pasarase a película Toni Erdmann.