Afundación, o Concello de Vilanova de Arousa e ABANCA inaugurarán mañá mércores 29 de novembro, ás 11.00 h no Teatro Auditorio Valle-Inclán, a mostra «Castelao grafista (facsímile)». No acto de presentación o alcalde do Concello de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán; o concelleiro de Cultura do Concello de Vilanova de Arousa, Javier Tourís; o coordinador de Banca Institucional de ABANCA en Pontevedra, José Luis Romero; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores. Esta mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.

«Castelao grafista (facsímile)» permanecerá aberta dende o 29 de novembro ata o 29 de decembro no Teatro Auditorio Valle-Inclán de Vilanova de Arousa onde se poderá visitar de de luns a venres en horario de 16.00 a 21.00 h. A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas e debuxos e portadas de revistas.