Proxección de "Bein gderot" (Entre reixas), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Avi Mograbi, 2016, Francia/Israel, 85 min., VOSE

Lingua orixinal: hebreo, tigriña, árabe

Holot é un centro de detención de solicitantes de asilo procedentes de África en pleno centro israelí. Chen Alot e Avi Mograbi deciden facer un obradoiro de teatro segundo os principios do Teatro do Oprimido do brasileiro Augusto Boal.

O proceso comeza cos solicitantes de asilo narrando escenas da súa propia vida, mais a dinámica muda cando se involucran tamén os israelís. Poden a interpretación e os cambios de rol axudar a entender mellor outros puntos de vista?

Os horarios continúan coma antes do peche: todas as sesións comezarán ás 19:30 h. Dende as 18:30 h. estará aberta a billeteira do Principal para que a adquisición das entradas sexa o máis ordeada e espaciada posible.

O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Asóciate!