A exposición pretende recoller a evolución tecnolóxica a través dunha escolma de pezas organizadas en cinco ámbitos representativos:

O doméstico: da ampla produción de enxoval exhíbense batedores, picadoras ou reladores.

O traballo: o auxe das tarefas administrativas determina a elección das máquinas de escribir.

Os medios de comunicación: teléfono, radio e televisión marcan unha revolución mudando hábitos e formas de relacionarse.

O ocio: o consumo da música mudou cos gramófonos, tocadiscos e radios pasando, estas, de ser un medio de comunicacion a selo de lecer .

A arte: representada pola fotografía e os aparellos que acompañaron ao ser humano no seu devezo por conxelar o tempo.

Lugar: Sala de Exposicións Temporais