Segundo ‘Match Imaxinatea de Improvisación Teatral’

As 20.00 horas, en La Pecera (Pizarro, 35), entrada de balde

A Escola de Teatro Imaxinatea organiza por segundo ano consecutivo este formato competitivo de representación teatral. Nesta edición, ata 6 equipos de 4 a 6 persoas competirán nun sistema de liguiña en 2 grupos de 3 Os enfrontamentos serán da 2 en Impro comparada (os 2 equipos improvisan sobre un mesmo tema coas mesmas premisas). O público vota a man alzada. A cada gañador outórganselle 3 puntos e se hai empate 1 punto. Unha vez queden ordenados en cada grupo enfróntanse primeiro con primeiro, segundo con segundo e terceiro con terceiro de cada grupo.

Actos

Presentación da mostra “Acción Laxeiro”, proxecto de Xurxo Lobato

Trátase dun proxecto que recolle o momento no que Laxeiro pintou a obra ‘Aparición’, durante a inauguración dunha mostra súa na galería Trinta de Santiago de Compostela en 1987. O proxecto inclúe numerosas fotos tomadas por Xurxo Lobato e o cadro orixinal. Con esta exposición, financiada pola Xunta e producida pola Real Academia Galega de Belas Artes, a Fundación Laxeiro dá por pechado o Ano Laxeiro, propiciado polo acordo da Real Academia de Belas Artes de dedicar ao artista o Día das Artes 2022, do 1 de abril. Interveñen Xurxo Lobato, comisario da exposición e autor das fotos; Xosé Ramón Pousa Estévez, propietario da obra de Laxeiro na mostra; Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia de Belas Artes, e Abel Losada, membro do padroado da Fundación Laxeiro e concelleiro.

Ás 11.30 horas, na sede da Fundación Laxeiro (Policarpo Sanz, 15, 3º).

Presentación de “Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo, 1870-1915”, obra de Vítor Vaqueiro

Presentación do libro de Vítor Vaqueiro que recolle o relato das vidas e da obra dunha parella –Filippo Prosperi e Candida Otero– que publicou fotos nas mellores revistas galegas e estatais, premiárona en concursos, concorreu a exposicións, fotografou personaxes –Curros Enríquez, Elduayen, Cánovas– e feitos de primeira magnitude –pegadas da guerra colonial cubana ou alicerces do Vigo moderno– e cuxa herdanza, misteriosamente, consiste nun par de centos de fotografías. Presenta ao autor Helena Pérez, editora. Organiza: colectivo Pertenza.

Ás 19.30 horas, na hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (avenida de García Barbón número 5).

Presentación del libro “En el centenario de los Pabellones Sanitarios (1922-2022)” da autoría de Fernando Domínguez Freire

Ptresentación deste traballo da colección “Vigo na memoria”, do Instituto de Estudios Vigueses.

Ás 19.30 horas, no Salón de Actos do Colegio Oficial de Médicos de Pontevedra en Vigo (calle Ecuador 84, 1º).

Música

Filipe Dias Trío + Jam Session

O guitarrista e compositor que da nome ao trío é natural de Lisboa. Fórmase na Escola de Jazz do Porto e na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo da mesma cidade, onde leva desenvolvendo a súa actividade como músico nos últimos 10 anos. Neste período estivo en diversos proxectos da escena jazzística portuense. Estará acompañado por Gonçalo Sarmento (contrabaixo) e Antón Quintela (batería), presentando por vez un trío baixo o seu nome no cal explora as súas composicións máis recentes, caracterizadas por melodías sobrias e atmósferas contemplativas, ademais de algúns arranxos de músicas de outras autorías.

Ás 21.15 horas, en A Casa de Arriba. Entrada: 5 euros.

Cine

“La pirámide humana”, filme francés de Jean Rouch

Unha película con Manolo Romón, no local do Ateneo Atlántico. Dirixida por Jean Rouch.

A las 19.30 horas, no local do Ateneo (Dr. Cadaval, 17).

Exposiciones

“Francisco Fernández del Riego, 1913-2010. Letras Galegas 2023”

Organizada por la Fundación Penzol, es una muestra fotobiográfica dividida en tres periodos (1913-1939, 1940-1974 y 1975-2010) sobre paneles que sintetizan la trayectora del autor y una muestra bibliográfica con sus obras más significativas.

Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), de 18.00 a 21.00 hora. Hasta el 17 de diciembre.

“60 pezas para 60 anos. Fundación Penzol, 1963-2023”

Nueva exposición que recoge sesenta piezas pertenecientes a los fondos que la Fundación Penzol ha ido salvaguardando a lo largo de sus primeros sesenta años de historia integrado por objetos, carteles, cartografía de Galicia, libros manuscritos, fondos, libros, revistas y publicaciones periódicas.

Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), de 18.00 a 21.00 horas. Hasta el 21 de mayo.

Proxectos 2022

Exposición con los trabajos de fin de curso de las especialidades de pintura, talla y escultura en madera, dibujo artístico, serigrafía, cerámica, artesanía en cuero, moda y confección...

Escola Municipal de Artes e Oficios (entrada por las calles Rosalía de Castro y Pontevedra), de 19.00 a 21.00 horas. Hasta el 17 de marzo.