“O son da ribeira” desprázase a Portonovo para dar a coñecer o tema “A Dorniña”
TVG emite hoxe o capítulo no que actuarán varias formacións e “O clan das mariñeiras” regresa mañá á programación da canle autonómica con “O soño de Paloma Fornos”

Arriba, Rivadulla Corcón cos fillos de Manuel Uhía. / Producións Celta
REDACCIÓN
“O son da ribeira” achégase ata Portonovo para presentar a canción “A Dorniña”, composta por Manuel Uhía, que naceu nesta localidade pontevedresa. A emisión do capítulo, elaborado por Producións Celta coa dirección e presentación de X. H. Rivadulla Corcón, é hoxe na TVG ás 10.50 horas.
Considerado como un tema importante na música tradicional de Galicia, a canción fala de amores e ao longo do programa os espectadores poderán escoitar diferentes versións. A primeira é a interpretada polo grupo de música de taberna Os Firrás, de O Grove.
A continuación, e para coñecer como naceu “A Dorniña” e como era o seu autor Manuel Uhía, o programa organiza unha charla con varios dos seus fillos, Rosa, Lola e Martín. En conversación con Rivadulla Corcón, falan da orixe do tema, do importante que era a música para o seu pai, que era mariñeiro, e de outras moitas cancións que compuxo para grupos e comparsas de Portonovo.
Como a composición fala dos meus amores, e incluso moita xente a coñece por este título, “Os meus amores”, a emisión visita a praza para falar con peixeiras como Piliña Gómez, que guía o paseo polo recinto para falar con compañeiras como Rosa Pintos, que herdou o posto da súa nai; Ana Lima, parente do autor da canción, e con Esperanza Rodríguez.
Neste punto, o grupo de música tradicional de Redondela Airiños da Peneda interpreta “A Dorniña”. Os Laperiros de Foz, tamén de música de taberna e formado principalmente por mariñeiros xubilados, ofrece a súa visión moi tabernaria. O grupo de Laxe O tren da unha, tamén de música de taberna, canta a súa versión moi persoal. Esta formación foi fundada por Jesús Mari Pose, presidente da Cruz Vermella de Laxe, e José Manuel Toja “Piticas”, mariñeiro na mercante e na pesca. Con eles X.H. Rivadulla Corcón fala de como naceu O tren da unha, do que significa a música para eles e do humor que poñen sempre no seu cantar, pero un humor con moito sentimento.
Ademáis, outro dos traballos de Producións Celta, “O clan das mariñeiras” regresa mañá, las 11.50 horas, á grella da TVG con capítulo “O soño de Paloma Fornos. Peixeira de sentimentos familiares”. O programa fala da importancia desta muller na cultura mariñeira e quere homenaxeala.

Paloma Fornos, traballando na súa peixería. / Producións Celta
Nesta ocasión, mostra o día a día de Paloma Fornos, que abre cada día a súa peixería ás oito da mañá tras chegar da lonxa de A Coruña, á que vai sobre las cinco o que xa permite augurar unha longa xornada de traballo. Xunto a ela traballan a súa filla Carmen, o seu home, Juan, e o seu fillo, que se chama como el. Cando se chega ao final da mañá e hai que recoller a peixería, é tamén o tempo do balance da xornada para seguir co traballo na casa.
Tras xantar e descansar, Paloma e Juan terán que preparar os pagos aos que lles venden o peixe. E tamén é un tempo para compartir xuntos e facer balance da vida. O peixe é para eles máis importante do que poderían imaxinar xa que foi o que xuntou as súas vidas.
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Tiene paro cero y sueldo de 70.000 euros: esta es la carrera universitaria más ignorada en España
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- Encierra a su expareja semidesnudo en el balcón de su vivienda en Vigo y los bomberos acuden con la escalera a rescatarlo
- El camping más bonito de España está en Pontevedra: totalmente equipado y con vistas a la ría de Vigo
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Un crimen y un precinto policial que se eternizó: «La casa parece una selva»
Telefónica ayuda a las empresas en la implementación de soluciones de Inteligencia Artificial


La infancia en los medios de comunicación: luces, sombras y un reto pendiente
