IN MEMORIAM
Morre Javier Babé, capitán do Reto Astrolabio: "Un grande coma Colón, Elcano, Drake"
Javier Babé faleceu de un infarto a bordo de La Peregrina cando navegaba polo Caribe

Javier Babé (abaixo, segundo pola dereita), durante a recepción aos tripulantes de La Peregrina na illa de La Gomera. / FDV
Alfredo Conde
Non sei de moita xente, cando menos de xente próxima a min, que vivira sempre de acordo cos seus principios, facendo bos os valores que fan que o animal humano sexa alguén capaz do máis sublime cando, ó par del, sempre haxa outro capaz do máis abxecto. O mundo é mellor grazas á presenza nel de persoas como Xavier Babe e a despeito dos outros. Sempre hai altruístas e egoístas. Xavier foi sempre dos primeiros.
Xavier viviu sempre coma quixo vivir, amou o mar, amou á xente que o rodeaba e soubo rodearse sempre de amigos fieis a el e fieis ós mesmos valores que Xavier defendeu mentres lle alentou a vida.
Hoxe [por onte], estando a catrocentas vinte millas ó leste de Guadalupe, a illa das pequenas Antillas, grazas á derrota sabiamente determinada que guiou ó veleiro La Peregrina a través do Atlántico, Xavier Babé, sendo as catro da madrugada, hora local, o seu capitán, sufriu un infarto conxestivo que nun principio foi estabilizado por Antonio Grandío, tripulante de La Peregrina e cardiólogo de profesión.
Non se puido facer nada. A condición de médico de Antonio nin de tempo dispuxo para evitar o que de todo punto era inevitable cando ás catorce horas, o corazón de Xavier deixara de latir. Xavier Babé faleceu antes de chegar ó porto que o esperaba, e antes de chegar La Peregrina ó encontro cun cruceiro que o esperaba.
Viu cumpridos os seus desexos
Escribo nada mais recibir a mala nova, e fágoo a impulso das emocións que tal noticia suscita. Podo dicir que Xavier cumpriu cos fins do seu Reto Astrolabio e que viu cumpridos os seus desexos de morrer no mar.
Xavier acaba de morrer como morreron moitos dos máis grandes navegantes, só que el, que si morreu coma eles, acaba de facelo nun século que lle ofrecía toda a tecnoloxía da que dispón para que el renunciase a ela a fin de poder facer o mesmo que eses grandes mariños, Colón, Elcano, Drake e tantos outros fixeron nos seus días: recorrendo á intelixencia, utilizando o instinto, facendo uso do coñecemento do medio que posuía e facelo acompañado da súa esposa e dos seus amigos.
Non debemos choralo, debemos alegrarnos por telo coñecido e ter sido os seus amigos, por telo visto vivir de acordo cos seus desexos e porque alguén, nestes tempos confusos, puidera vivir a despeito da confusión reinante.
Xavier foi un home de ideas claras e corazón aberto. A súa foi unha vida exemplar. Celebremos telo coñecido e sintamos coma propia a dor de Cristina e dos seus fillos.
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Ni medicina ni odontología: estas son las 2 únicas carreras con nota de corte superior al 13.0 en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Paz Rodríguez abre en Vigo la primera tienda de su historia y mira a Asia para su expansión
- Oncología del Chuvi se despide de Gerardo Huidobro: «Su memoria nos servirá de guía»