O Cine Club Bueu proxecta mañá “Eroski Paraíso”

Fotograma de "Eroski Paraíso".

Fotograma de "Eroski Paraíso".

Redacción

O Cineclub Bueu prosegue mañá co seu ciclo de cinema en galego polo Día das Letras Galegas. Esta vez proxéctase “Eroski Paraíso”, dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron e interpretada por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira. A película está baseada nunha adaptación teatral de Chévere Teatro. A proxección será ás 21.00 h no Centro Social do Mar e a entrada é de 2 euros para os socios anuais e de 4 para os de sesión.