Unha xornada de libros e de festa nas rúas

Biblioteca das Madeiras do Mundo, romarías en Sanamedio e Darbo, festival en Domaio ou cine en Moaña, entre as actividades do día 17

Visitantes á Biblioteca
das Medeiras do Mundo, no
ecoespazo de Rodeira.  | // G.N.

Visitantes á Biblioteca das Medeiras do Mundo, no ecoespazo de Rodeira. | // G.N. / G.M.P./ C.G./ C.C.

G.M.P./ C.G./ C.C.

Non faltaron actividades na comarca do Morrazo para celebrar o Día das Letras Galegas. Así, no adro de Darbo celebrouse a romería organizada por Peis d´hos con variedade de actuacións durante todo o día: Peter Punk e Brais das Hortas, charanga NBA e xogos populares, pandereteiras Cantigas e Agarimos, Airiños da Freba, Trío Tic Tac e Noname Dj´s amenizaron a xornada ata altas horas. E houbo pulpeira, churrasco, paella, comida vegana, barra con bebidas...

Festival Letras Galegas
no centro Rosalía de Castro
de Domaio. |  // G.N.

Contacontos na Romaría das Letras Galegas en Sanamedio. / G.N.

Tamén celebraron a Romaría das Letras no Sanamedio, en Beluso, que cambiou os actos previstos da mañá por un pasarrúas, e pola tarde houbo un contacontos musicado sobre Luísa Villalta a cargo de Polo Correo do Vento. Para hoxe, concerto de corais ás 20 horas no Centro Social do Mar, e concerto XX aniversario de Dakidarría, ás 22.30 en As Lagoas, dentro do programa +Música da Deputación de Pontevedra.

Actividade de "Serán das Letras" no alto da Praza da Abastos de Moaña.

Actividade de "Serán das Letras" no alto da Praza da Abastos de Moaña. / Fdv

E en Domaio disfrutaron do festival das Letras Galegas organizado por Charaviscas no Centro Sociocultural Rosalía de Castro, con música, baile, teatro e a actuación da Airiños Jazz Band.

Proxección de "O corno" no alto da Praza de Abastos de Moaña.

Proxección de "O corno" no alto da Praza de Abastos de Moaña. / Fdv

En Moaña tamén proxectouse “O Corno” e a última hora do xoves disfrutaron de “Serán das Letras” co os Gaiteiros de Moaña, Cantareiras Arco da Vella, Charaviscas, Solaina, Breogán, Salgharitas e Meiramar. Foi no alto da praza , en onde antes houbo Rechouchío con Cé Orquestra Pantasma.

Romería do 17 no
 adro de Darbo. 
  | // G.NÚÑEZ

Festival das Letras Galegas de Chraviscas en Domaio. / Gonzalo Núñez

Mentres, no “ecoespazo” de Agustín Bastón en Rodeira abriu con moita expectación a 9ª edición da Biblioteca das Madeiras do Mundo, que se pode visitar de luns a domingo ata o vindeiro 9 de xuño.

Contacontos na Romaría
das Letras Galegas
en Sanamedio.  | // FDV

Actuación na Romaría de Peis d´Hos no atrio de Darbo. / G.N.

Suscríbete para seguir leyendo