¿Que facer hoxe no Morrazo?

Adro de Darbo

Romería do 17 da A.C. Peis d´hos. Pola mañán, Peter Punk e Brais das Hortas, charanga NBA e xogos populares. Pola tarde, tamén pandereteiras Cantigas e Agarimos, Airiños da Freba, Trío Tic Tac e Noname Dj´s participan na xornada, e haberá pulpeira, churrasco, paella, comida vegana e barra con bebidas. Organiza A.C. Peis d´hos.

Hoxe, desde ás 12.00 h, ata a madrugada.

Domaio

Festival das Letras Galegas. O Centro Sociocultural Rosalía de Castro acolle o festival que organiza a Asociación Cultural e Folclórica Charaviscas, con música, baile, teatro e a actuación da Airiños Jazz Band.

Hoxe, venres, ás 19.00 horas no Centro Sociocultural de Domaio.

Concello de Moaña

Proxección da película “O Corno”, dirixida por Jaione Camborda. Se hay mal tempo, o acto trasladarase ao alto da praza de abastos.

Hoxe, ás 22.30 horas nos Xardíns do Concello.

Praza da abastos de Moaña

Festival Coral. O Coro Chorima, de Asociación de Mulleres de Moaña, organiza o acto. Participan Cantereiras Arco da Vella; Coral San Pedro, de Domaio; Vento Mareiro Forza 5; Lembranzas Moañesas e Chorima.

Mañán, sábado, desde as 19.00 h.

Auditorio Pazos Varela

“Varalonga” presenta en concerto “Sempre o mar”, sobre poemas musicados de Bernardino Graña.

Mañán, sábado, ás 20.00 h. Auditorio de Cangas.

Bibliotecas Rurais de Cangas

“Filipa cos contos”. Letras Galegas.

Venres 24, 18.00 h. O Hío.