Os inicios do atletismo no Morrazo | No camiño do XLVIII Trofeo de Pedestrismo de Cangas

Os torneos de pedestrismo de Cangas (I)

Historia da popular carreira atlética canguesa, que está ás portas de cumprir 50 anos

Campo de fútbol de Coia. Carreira de 1.500 m. en setembro de 1915.

Campo de fútbol de Coia. Carreira de 1.500 m. en setembro de 1915. / Arquivo

Xerardo Dasairas

Con motivo de se celebrar en Cangas o xa lonxevo Torneo de Pedestrismo de Cangas, tentamos facer unha aproximación histórica ao mesmo que comezou a sua andaina nos tempos do franquismo. Inevitablemente, como adoita acontecer na historia, os eventos, neste caso atléticos, están ligados sempre á contorna social na que as outras vilas do Morrazo e sobre todo Vigo, viñeron a aportar os elementos humanos que nos anos que relatamos foron imprescindibles.

A primeira referencia que atopamos sobre atletismo en Cangas procede dunha carreira pedestre, celebrada o domingo día 1 de outubro de 1916. Foi organizada polo Centro Recreativo Cultural y Deportivo, creado había seis anos, disputándose como premios un reloxo de sobremesa e unha medalla de prata.

Desde esta data, o único “deporte” que se promoveu no “casino” foi o billar e non volvemos a ter noticias de actividade atlética na vila, agás algunhas carreiras para rapaces que, por veces, se disputaban nas Festas do Cristo. Habían pasar case cincuenta anos, ata que en 1967, Cangas recuperase as probas de atletismo na vila durante o periodo franquista.

Esta circunstancia non era só propia da nosa vila, senón que abranguía todas as vilas galegas, sendo nas cidades onde, xa ben sociedades culturais ou clubes creados exprofeso, fomentaron o atletismo. Tense como a primeira competición de atletismo en Galicia unha carreira celebrada en 1913, aínda que oficialmente non sería ata 1921 en que se constitúe a Federación Galega de Atletismo cando este deporte (correr), alcance consideración.

En 1930, o club vigués “Los atletas favoritos”, que se presenta como promotor do atletismo, vén organizando diversas probas de nenos de arredor de catorce anos, centradas en Panxón, pero neste ano teñen previsto que Cangas ou A Guarda puidesen acollelas tamén. Cangas foi o lugar escollido pero acabaron suspendéndose as probas por non reunirse suficiente número de atletas na vila.

Atletas Spórting Club Comesaña a finais da década de 1920

Atletas Spórting Club Comesaña a finais da década de 1920 / Arquivo

Tal era o estado da promoción do atletismo na nosa vila nesta altura, a pesar de que enfrente, en Vigo, e na capital Pontevedra este deporte seguía en alza. O 16 de febreiro deste mesmo ano e na cidade olívica, vaise celebrar no estadio de Balaídos a novena edición do Campionato Galego de Pedestrismo no que participan clubes vigueses como a Sociedad Atlética e o Comesaña S. C. (club decano de Galicia fundado en 1915) e por Pontevedra a Sociedad Gimnástica. Esta proba foi gañada nos 1.500 e 5.000 m. por Cándido Fernández Comesaña e nos 10.000 polo seu irmán Benito, ambos do Comesaña S.C., que acudirían logo ao Campionato de España en Madrid.

O sábado 16 e o domingo 17 de xullo de 1932, celébrase en Balaídos o I Campeonato Gallego de Neófitos en Vigo, programado pola Federación Galega de Atletismo con probas de carreiras de todos os estilos, incluidas valados, saltos de lonxitude, de altura, de pértiga e lanzamentos de xabalina, disco, martelo e barra, modalidade esta que logo desaparecería. Non tivo moito éxito esta proba para a captación de valores atléticos pois só dous clubes locais presentaron aos seus atletas: a Sociedad Atlética e o Atlantic Sociedad Atlética.

O domingo 14 de agosto deste ano, Vigo celebra os Campeonatos de Galicia de Atletismo coa participación dos clubes Sociedad Atlética, Exploradores, Veritas S. C. de Lavadores, Comesaña S. C. de Vigo e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra que presenta en varias modalidades, destacados atletas cun alto palmarés nacional. Ante esta “revolución” atlética, o 8 de abril de 1934, organízase na cidade olívica a I Vuelta Pedestre a Vigo cunha grande asistencia de atletas de Galicia e incluso de Portugal.

Atletas galegos nos Campeonatos de España de 1929 en Montjuíc.

Atletas galegos nos Campeonatos de España de 1929 en Montjuíc. / Arquivo

Co advenimento do franquismo, os deportes e o atletismo van ser prioridades do “Régimen”, imitando o modelo alemán de conseguir unha xuventude, non culta pero si atlética, a pesar da desnutrición existente, a penas paliada polos comedores do Auxilio Social. O deporte xuvenil vai estar en mans do Frente de Juventudes e o adulto canálizábase a través da Obra de Educación y Descanso.

Neste contexto, no Nadal de 1942 dispútase en Pontevedra un Trofeo de Campo a Través ao que concorre un equipo do Frente de Juventudes de Cangas que se vai clasificar de primeiro nesta categoría grazas ao 3º posto logrado por José María Pérez, o 4º de Leopoldo Roldán, o 5º de Ángel Azpeitia e o 6º de José Graña. No ano 1947 comeza en Vigo o Premio de Pedestrismo Urbano en Vigo que alcanzaría unha trintena de edicións.

Un evento de grande alcance para o atletismo morracense foi a celebración o día 2 de xaneiro de 1958 dunha proba denominada Cross de Tirán, organizada pola Sociedade de Remeiros desta parroquia moañesa. En seniors gañou Carlos Pérez do Atlética de Vigo, destacando Germade de Tirán que competía por este mesmo club vigués e o cangués Jaime Enríquez que competirá cun club ourensán, cidade na que estuda. Por clubes, o Alerta e Atlética vigueses e a Gimnástica de Pontevedra foron os equipos gañadores.

Paseniñamente, o atletismo vai entrando nas vilas e no 1964 créase o Club de Atletismo San Miguel de Marín do que sairían os primeiros atletas do Morrazo. Mentres acontecía isto, en Vigo xestábase a formación dun campión cangués, Juan José Azpeitia Estévez, que en setembro de 1965, con 17 anos, conseguiría nos xogos da Universiada (Escolas Católicas) da FISEC en Budapest, unha medalla de ouro en triple salto e unha de prata en lonxitude. Neste ano, o Frente de Juventudes de Cangas vai iniciar nas Festas do Cristo as chamadas Olimpiadas de la Juventud con algunha carreira pedestre e natación pero a maioría eran competicións de equipo. En 1967 xorde o I Trofeo de Pedestrismo de Marín a celebrar nas festas do verán.

Juan José Azpeitia

Juan José Azpeitia / Arquivo

I Trofeo de Cangas

O domingo 26 de novembro de 1967 vaise iniciar o I Trofeo Ayuntamiento de Cangas de Pedestrismo promovido polo alcalde Eduardo López, o delegado de deportes Francisco Gil Ambrosiani e a as Juventudes de Falange, contando con numerosos premios donados polos comerciantes e industriais da vila. Os atletas concorrentes pertencen na sua maioría aos clubes Celta, Atlética, Comesaña, todos de Vigo, o Liceo de Vilagarcía, o Gimnástica de Pontevedra, e atletas que participaban a título individual.

A primeira competición foi a de Debutantes (2.000 m.), quedando 1º Máximo Martínez de Cangas, 2º José Mª Carrera de Moaña e 3º Ignacio Pérez do Atlética. En Xuvenís (2.000 m.), nunha disputada e vistosa carreira gañaría J. A. Gómez Amorín do Atlética, en Féminas (600 m.) Ángeles Mandado do Celta e en Juniors (4.000 m.) Mariano García Verdugo do Gimnástica.

Na proba reina de Seniors (6.000 m.) imporíase Carlos Pérez do Celta seguido de Enrique Graña do Hércules Militar da Coruña e de Rubén Sanmartín do equipo da Mariña do Ferrol. O atletismo vai comezar a espallarse polas vilas e o concello do Grove tamén anuncia unha competición pedestre para o 31 de decembro deste ano.

O II Trofeo de Cangas celebrouse o domingo día 1 de decembro de 1968 nunha mañá despacible con chuvia, o que non foi obstáculo para a celebración das probas. Na categoría de Principiantes (2.000 m.), a de maior convocatoria con 40 participantes, destacou o duelo entre Calvar do Celta e Cortegoso de Marcón, que gañaría o primeiro por dous segundos. En Xuvenís (2.000 m.) imporíase Celso Miramontes da Atlética viguesa, en Féminas (600 m. e 5 participantes) gañaría Sanmartín do Celta e en Juniors (4.000 m. e 20 corredores), o primeiro posto foi para Ferreira do Celta.

Na proba principal de Seniors (agora de 8.000 m.) venceu Carlos Pérez do Celta, que ante a ausencia de Álvarez Salgado, chegou á meta con máis de medio minuto sobre Sanmartín, tamén do Celta e un minuto sobre Silva do Molaflex.

Ano 1970: Tasende e Carlos Pérez en pugna pola victoria. Ferreira (atrás) e Miramontes pasando pola Alameda

Ano 1970: Tasende e Carlos Pérez en pugna pola victoria. Ferreira (atrás) e Miramontes pasando pola Alameda / Arquivo

A terceira convocatoria deste Trofeo celebraríase o domingo 30 de novembro de 1969, nun día de sol pero cun aire xélido, o que non mermou a asistencia de público pero si de atletas, botándose a faltar os clubes de Marín, de Redondela e o Cisne pontevedrés. En principiantes (2.000 m.) gañou Guillén da Gimnástica, en xuvenís, coa mesma distancia, imporíase Durán do Celta, nos 600 m. Féminas Loly García do Celta e en Juniors (4.000 m.) gañou Ferreira do Celta que mativo unha disputada carreira cos trebolistas (corredores de campo a través) Miramontes, que foi segundo e Roldán, terceiro.

Na proba Senior, agora rebaixada aos 7.000 m., gañou Carlos Pérez por terceira vez, resaltando a retirada xa na saída de Álvarez Salgado, afectado de gripe. O segundo foi Sanmartín, tamén do Celta e o terceiro Vega do Comesaña. Neste ano, a Sociedade Atlética de Redondela tamén vai organizar o I Campeonato de pedestrismo urbano.

O IV Torneo, celebrado o domingo 29 de novembro de 1970 que convocou máis dun cento de participantes, procedentes de clubes como o Celta, Atlética e Comesaña de Vigo, o Gimnástica e o Cisne de Pontevedra, Atlética de Redondela, San Miguel de Marín e o Spol do Porriño. Abriu a mañá cunha carreira femenina local con 23 participantes que lle deron duas voltas á Alameda, vencendo Mª Teresa Cruz e chegando despois Rosa Pena e Mª Consuelo Campos. En Debutantes (2.000 m.), con máis de cincuenta inscritos, impúxose Carrera da A. D. Moaña, seguido de dos corredores do Celta; en Féminas (600 m.), con once participantes, impúxose Pilar Sanmartín, seguida de dúas compañeiras, todas do Celta. A proba xuvenil de 2.000 m. foi para Durán Calvo que practicamente correu en solitario e a de Juniors (4.000 m.) gañouna Sánchez Ferreira do Celta que mantivo unha disputa de principio a fin, co independente Miramontes Reinosa ao que lle gañou por dous metros.

Na proba Senior dos 8.000 m. destacou o duelo entre o coruñés Ramón Tasende, agora no Celta e Carlos Pérez do mesmo equipo, que marcharon á par durante longo tempo ata que Pérez, informado de que era a última volta botou todas as enerxías para gañar, resultando que aínda quedaba outra, facilitando o trunfo de Tasende. Xa que logo, Carlos sería segundo e Román Pereira do Atlética, terceiro.

Escudo da Federacion Galega de Atletismo.

Escudo da Federacion Galega de Atletismo. / Arquivo

[object Object]

Debido ao potencial atlético de Vigo, o día 27 de marzo de 1921 vaise constituir nos salóns da Coral “La Oliva” a Federación Galega de Atletismo, promovida por Manuel de Castro, Enrique Bantle, Joaquín Freijeiro e os delegados dos clubes “Español”, “Lanark” e “Real Vigo”. Nesta asemblea foron aprobados os seus estatutos e nomeada unha directiva, elixindo como presidente a Enrique Bantle e ocupando os demáis cargos Guillermo Bachman, Joaquín Freijeiro, José Fernández, Manuel Domínguez e como vocais Antonio Cuiñas e Luis Loño.

Escudo da Sección Atlética do Celta

Escudo da Sección Atlética do Celta / Arquivo

[object Object]

Esta Sección naceu en 1924 e a sua creación debeuse a Manuel de Castro “Handicap”, redactor de deportes do “Faro de Vigo”, e contou co apoio do seu irmán que era directivo da entidade futbolística e exatleta. O campo de competicións era o de Coia e nas primeiras probas deste ano, os atletas do Celta lograron catro vitorias individuais e o cuarto posto por equipos con só catro atletas en liza.Mariano Carsi con 20,3 segundos en 110 metros valados e 5,75 metros en salto de lonxitude; Francisco Novoa 32,20 metros en xavelina, os tres récords galegos; Joaquín Novoa 29,80 metros en disco e como anécdota a participación do futbolista Pinilla, eliminado en 100 metros.

Debido ao potencial atlético de Vigo, o día 27 de marzo de 1921 vaise constituir nos salóns da Coral “La Oliva” a Federación Galega de Atletismo, promovida por Manuel de Castro, Enrique Bantle, Joaquín Freijeiro e os delegados dos clubes “Español”, “Lanark” e “Real Vigo”. Nesta asemblea foron aprobados os seus estatutos e nomeada unha directiva, elixindo como presidente a Enrique Bantle e ocupando os demáis cargos Guillermo Bachman, Joaquín Freijeiro, José Fernández, Manuel Domínguez e como vocais Antonio Cuiñas e Luis Loño.

Cándido Fernández

Cándido Fernández / Arquivo

[object Object]

Ya desde los primeros momentos del Campeonato, la atención recayó en los corredores da la aldea de San Andrés, capitaneados por el campeón Cándido Fernández, a cuyo grupo solo inquietaron para la clasificación social los Exploradores, “crossmen” que ha venido preparando García Hermida. Salió primero del stadium el exatlético Mera de losExploradores pero Cándido tomó pronto la cabeza y en ella se sostuvo hasta el final. Vistosísimo, de fuerte colorido, resultaba el paso de los corredores por entre los senderos, en zig-zag, de la campiña a espaldas del stadium.

En esta dieron la batalla los campesinos de San Andrés, los “finlandeses” como les denominan en el ambiente atlético a estos equipos. Desde el stadium se apreció, en la segunda vuelta, su esfuerzo agrupándose y ganando puestos, para aparecer en la pista en avalancha, cinco de sus corredores que se llevaron los primeros lugares en medio de una formidable ovación, pues el numerosísimo público congregado en la gran tribuna de preferencia se entusiasmó ante la manera brillante de su amplia victoria.

Juan José Azpeitia

Juan José Azpeitia / Arquivo

[object Object]

Juan José Azpeitia (Juanjo), nacido en Cangas en 1948 foi un atleta que arredor de 1964, cando estudaba interno en Vigo no colexio Alba, xa destacaba na especialidade de salto de lonxitude con 16 anos, entrando na Sociedade Atlética de Vigo. As súas marcas fixeron que fose becado pola Residencia Blume de Madrid. En 1968 consegue outra marca en Oslo e no ano seguinte bate a de triple salto. En 1970, nos Campionatos de España ao aire libre, consegue catro medallas de bronce, comezando unha loita por mellorar as marcas, ata que en 1972 se proclama Campión de España de lonxitude cun salto de 7,58 m. Os 7,66 m. conseguidos en 1976 serían durante 37 anos récord de Galicia.

A peripecia vital de Azpeitia estaría sempre ligada ao atletismo, exercendo de adestrador na Escola de Enxeñeiros de Xixón (Universidade de Oviedo) impartindo cursos e charlas e colaborando en xornais de ámbito local e estatal. Foi adestrador dos saltadores Jacinto Segura, récord de España, e do coruñés César Suárez. Mais o seu nome cobraría actualidade deportiva ao adestrar desde 1999 ao avilesino Yago Lamela, destacado saltador desta época.

[object Object]

En categoría xuvenil destacou cun cuarto posto o atleta cangués Jaime Enríquez e na infantil de 800 m. gañou Francisco González Roldán, de Cangas, seguido de Manuel Nogueira de Tirán, José Cordeiro e Carlos Freire do Con, Jesús Nogueira de Moaña, Máximo Germade, Manuel Miranda, Cándido Fernández, Javier Espelo –todos de Tirán–, Carlos Martínez e José Abal de Moaña, Luis Santomé do Con e Eugenio Nogueira de Tirán. A clasificación por equipos foi Tirán, O Con e Moaña.

Xerardo Dasairas

Xerardo Dasairas / Fdv

*Mestre e investigador

Suscríbete para seguir leyendo