Bernardino Graña, 91 anos cara o mar

O ilustre poeta celebra o aniversario con actos de homenaxe en Cangas e Panxón

Cun viño mencía servido en copa quente e rodeado de amizades celebrou onte Bernardino Graña os 91 anos de vida, que son case os mesmos que de literatura. A idade vaille mermando a mobilidade, obrígalle a facer vida na residencia de Panxón na que xa pasou os últimos aniversarios entre o templo votivo de Antonio Palacios e o mar atlántico, e dificúltalle desprazarse a Cangas como lle gustaría, pero non perde as gañas de celebrar, de compartir tragos de viño e poesía.

Onte estivo rodeado das alcaldesas de Cangas e Moaña, Araceli Gestido e Leticia Santos, do rexedor de Nigrán, Juan Antonio González, de amigos como Xoán Chillón, Camilo Camaño e Manuel Álvarez, doutros poetas, como Daniel Costa, e tamén de membros do grupo Varalonga, que ten musicado moitos dos seus poemas recollidos nun CD coa colaboración de A Cepa.

Descubrimento da placa na casa natal de Bernardino Graña na rúa Saralegui

Descubrimento da placa na casa natal de Bernardino Graña na rúa Saralegui / G.Núñez

Pola mañá rendéuselle homenaxe en Cangas coa colocación dunha placa na casa da rúa Saralegui donde veu ao mundo o 27 de setembro de 1932, en sustitución da que se lle adicou o ano pasado que foi arrancada hai uns meses e que non apareceu. Estaban autoridades municipales, como a alcaldesa e as concelleiras de Cultura, Aurora Prieto, e Servizos, Iria Malvido. Tamén o exrexedor Euloxio López e unha piñoca de amigos e amigas que asistiron ao acto, con Xico de Carinho sacando música da harmónica.

Foron actos emotivos que pensan volver a repetir outro ano, con poesía e Bernardino Graña mediante.

Suscríbete para seguir leyendo