O camiño da infancia, plasmado en fotografías

Unha xornada fotográfica xunta preto de un centenar de nenas e nenos en Cangas

Foto de familia dos participantes no evento celebrado no parque a carón do río Saíñas en Rodeira

Foto de familia dos participantes no evento celebrado no parque a carón do río Saíñas en Rodeira / BrunSantervás

REDACCIÓN

BrunSantervás quixo celebrar cun evento especial os 25 anos adicados a fotografía e cinco en particular retratando “peques”. Reuniu ás familias na contorna do parque do río Saíñas, en Rodeira, arredor de un centenar de nenos e nenas que participaron xunto cos seus pais nunha “festa inesquecible” que contou con múltiples actividades e sorpresas, e nas que non faltaron representantes da nova Corporación municipal de Cangas, como a rexedora, Araceli Gestido, e o concelleiro Noel Malvido.

A celebración tamén contou coa colaboración de varias empresas de renome no Morrazo e na súa área, como Brisa Bebé, Moda Infantil Vicky e O Pequeno Lambón, de Cangas; a Clínica Gloria García, de Moaña; e LudiLand e Héroes para a Cienci, de Vigo. A media tarde comezaron as actividades, que incluíron talleres de pintado de cara ou a creación da mascota de ArribaPeque. Logo foi o discurso institucional dos flamantes concelleiros, un sorteo de agasallos e unha homenaxe ao peque que leva cinco anos facéndose mensualmente fotografías para inmortalizar o seu crecemento.

A alcaldesa, Araceli Gestido, e o concelleiro Noel Malvido participaron nas actividades

A alcaldesa, Araceli Gestido, e o concelleiro Noel Malvido participaron nas actividades / BrunSantervás

“ArribaPeque, constitúe unha proposta innovadora e emotiva”, explican os profesionais de BrunSantervás, que cada mes realizan unha sesión de fotos ao aire libre con cada un dos 150 pequenos que están no programa de seguemento, capturando a súa evolución e crecemento de maneira auténtica e espontánea. “A familia recibe un enlace a unha carpeta privada na nube, sete fotografías en alta definición e un vídeo de fotografías. Ademais, cada ano a suscrición inclúe un álbum en papel con 25 fotografías elixidas polos pais, e sempre se pode personalizar con máis páxinas, copias e álbums adicionais. Un total de 84 fotos onde escoller para inmortalizar cada etapa do crecemento dos seus fillos”, sinalan.

Os comentarios dos pais e nais que xa participaron en ArribaPeque “son testemuña do valor que este servizo engade ás vidas das familias. Falan do amor e a complicidade capturados nas fotografías, da importancia de ter un rexistro visual da evolución dos seus fillos e de como estas fotos son unha “pausa no tempo”. Resaltan a emoción de esperar cada mes o resultado da sesión de fotos e a alegría que supón ver o paso do tempo reflectido nas imaxes. “Unha forma de ter un recordo inesquecible do paso do tempo e do cambio da peque co tempo”, sinala unha nai.

Suscríbete para seguir leyendo