Síguenos en redes sociales:

“O estrano caso do dentista da rúa Brasov”, espectáculo itinerante esta tarde en Cangas

“O estrano caso do dentista da rúa Brasov”, espectáculo itinerante esta tarde en Cangas

Os Xardíns do Sinal, Praza das Pontes, Praza de María Soliña, Praza da Constitución e Alameda Vella son os emprazamentos do espectáculo itinerante “O estrano caso do dentista da rúa Brasov”, que se representa en Cangas esta tarde, a partires das 18.30 horas, organizado polo Concello e a Deputación e ao que toda a cidadanía está convidada.

Conta a estrana historia dun dentista da Europa do Leste, o doutor Krakmhu Elah, que percorre co seu carromato vilas e cidades buscando clientes para a súa pequena consulta ambulante. Pero o que ninguén sabe é o seu estrano pasado e a súa estrana obsesión que pouco a pouco irá descubrindo a través de xiros inesperados, feedbacks, maxia, clown e interacción co público para solucionar esta delirante historia.

Pulsa para ver más contenido para ti