O Cineclub Bueu pecha o ciclo de cinema galego con “Devolviendo el golpe”

O Cineclub Bueu pecha hoxe seu ciclo de cinema galego co gallo das Letras Galegas coa proxección do documental “Devolvendo o golpe”, sobre o boxeador marinense Aarón González. Debido aos actos de peche da campaña electoral a proxección comezará máis tarde do habitual, ás 22.00 horas. Ao rematar haberá un coloquio co director, Carlos Prado, e co propio Aaron González.