Os cativos invaden Moaña pola lingua

Máis de 2.000 estudantes participan no Correlingua, gozan da música e amosan lemas a prol do idioma propio

A praza diante do Palco da Música, ateigada de nenos e mestres.   | SANTOS ÁLVAREZ

A praza diante do Palco da Música, ateigada de nenos e mestres. | SANTOS ÁLVAREZ / Fran G. Sas

O mes das letras galegas está a piques de concluír e o peche das actividades a prol do idioma propio reuniu a máis de 2.000 estudantes de ata 20 centros de ensino de todo O Morrazo para participar no xa tradicional “Correlingua” comarcal.

Os pequenos que chegaron á vila en autobús saíron do paseo da praia da Xunqueira e correron ata a alameda moañesa. Lucían distintivos dos seus colexios e pancartas con lemas en favor do emprego do idioma propio. “Na casa e na escola, bota a lingua fóra”, apuntaba unha das pancartas que levaban os nenos dun dos colexios.

Ademais, moitos estudantes amosaban nas súas camisolas as súas palabras favoritas en galego como “sapoconcho” ou “estrela”.

A carreira chegou ao palco da música antes das 11.30 horas para gozar dun festival presentado pola actriz Isabel Risco. Os encargados de ler o manifesto foron alumnos dos institutos As Barxas e A Paralaia, de Moaña. A música pechou a mañá cun concerto final a cargo de Brais das Hortas e Peter Punk.

Os estudantes do CEIP San Roque de Darbo, na Alameda moañesa.   | // SANTOS ÁLVAREZ

Os estudantes do CEIP San Roque de Darbo, na Alameda moañesa. | // SANTOS ÁLVAREZ / Fran G. Sas

Coordinado polo sindicato CIG, o Correlingua contou coa participación de centros de Cangas como os institutos de Rodeira e Monte Carrasco ou os colexios do Hío, A Espiñeira, San Roque,A Rúa, Castrillón e Compañía de María. Por Bueu foron os estudantes da Torre de Cela e de Montemogos de Beluso. Por Moaña participaron os colexios de Seara, Domaio, Reibón, Abelendo, Berducedo, A Guía, O Con, Tirán y Quintela.

Suscríbete para seguir leyendo