Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O espírito do patrón dos Galos impulsa as velas

A asociación presenta un novo número da súa revista, adicado a Víctor Domínguez

Un momento da presentación, coa proxección dun video cunha entrevista a Víctor Domínguez. | // FDV

A imaxe a voz de Víctor Domínguez volveron onte ao Museo Massó. Foi a través dun video no que se recollía unha entrevista, declaracións e imaxes navegando cos barcos dos Galos. A asociación presentou onte o novo número da súa revista, que inclúe unha homenaxe ao que fora o seu patrón.

Xa non está entre nós, pero Víctor Domínguez deixou un gran legado en forma de coñecementos, amor e respecto pola navegación tradicional. Unha herdanza que onte foi celebrada e homenaxeada na presentación do número 16 da revista de Os Galos, unha publicación na que o patrón da asociación está moi presente e que ve a luz aproveitando o XXIV Encontro de Embarcións Tradicionais de Bueu.

O acto tivo lugar no Museo Massó, ao lado dalgúns dos grandes cadros pintados por Urbano Lugrís, e incluíu a proxección dun video en homenaxe a Domínguez, finado nos últimos días de 2021. Un video que trouxo de novo a súa figura, a súa voz e o habitual humor e humildade coa que se manifestaba. “O noso obxectivo agora é conservar o que temos e dar a coñecer o pouco que sabemos”, dicía nunha entrevistada audiovisual gravada pola Universidade de Santiago (USC). Unha montaxe na que tamén remomeraba os seus inicios na navegación, a bordo do barco do pai dun amigo e algunha que outra anécdota. O timón de Os Galos o recolleu Lidia Neves, que onte mostraba o seu agradecemento polo novo número da revista, pola súa homenaxe a Víctor Domínguez e desexou que a publicación “continúe moitos anos máis”.

Carlos Roberto de Pacho amosa un taco de madeira legado polo seu pai, un carpinteiro de ribeira de Asturias finado recentemente. | // FDV

Despois da proxección do video foron tomado a palabra algúns dos autores que este ano achegaron os seus textos e colaboracións para este novo número da publicación. Xerardo Dasairas, Arturo Sánchez Cidrás, Francisco Rodríguez, Xesús Framil, Lucía Novas ou Carlos Roberto de Pacho, entre outros, foron tomando a palabra para dar algunhas pinceladas sobre os seus artigos e para falar da súa relación con Víctor Domínguez. Especialmente Xaime Toxo, que fuai unha especie de arqueoloxía sentimental e fotográfica da súa infancia xunto a Víctor Domínguez. “Vivimos nun mundo entre botes polbeiros, dornas... Un mundo que non sabíamos que ía desaparecer tan rápido”, dicía durante a súa intervención.

A revista inclúe artigos de temática variada, como unha historia sobre un longo pleito entre as familias Massó e Curbera, os tipos de embarcacións tradicionais nas diferentes illas que forman parte do Parque Nacional Illas Atlánticas, a aplicación da tecnoloxía do vapor ao arrastre ou unha reivindicación dos mariñeiros e navegantes galegos.

A portada da revista de Os Galos, adicada a Víctor Domínguez

A portada da revista de Os Galos, adicada a Víctor Domínguez Os Galos

A xornada central do encontro de embarcacións

Os Galos celebra hoxe a xornada central do seu XXIV Encontro de Embarcacións Tradicionais, que comezará a partir das 11.00 horas cunha saída a navegar na honra de Víctor Domínguez. Ás 12.00 horas está prevista unha actuación musical no porto de Bueu, a bordo do “Chasula” con Beatriz Martínez e Diego Langarika. As tripulacións que se acheguen ata Bueu para tomar parte neste encontro terán unha comida de confraternidade en Petís ás 14.30 horas.

Pola tarde voltarán a saír a navegar a partir das 17.30 horas e ás 20.00 horas Os Galos organizará a demostración dunha rapeta, unha arte de pesca artesanal e que xa non se permite. A despedida do encontro será mañá cunha nova saída.

Compartir el artículo

stats