tamara canosa | Actriz e autora teatral

“Penso que ser adolescente hoxe é máis difícil ca nunca”

A autora aborda en ‘Amantis’ a xeración de nativ@s dixitais a través dun rapaz de barrio que quere ser ‘influencer’

Amantis conta a historia dun rapaz de barrio obreiro que quere ser influencer, ser amado e aceptado; reflexa as trampas dun universo intanxible e explora a brecha xeracional entre nativ@s e non nativos dixitais, tentando comprender como inflúen as Redes Sociais, o selfie e o sexting na formación da identidad propia. A directora de escena e actriz coruñesa Tamara Canosa dirixe e é autora da peza xunto a Xacio Baño e que produce Rebordelos coa Mostra de Teatro de Cangas (MITCFC). Trátase dun espectáculo unipersoal, unha comedia dramática, que interpreta o actor galego revelación Roque Ruiz. Será hoxe, ás 22:30 horas no Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela.

–Que lle fixo cambiar o Dereito polas artes escéncias?

–Estiven sempre vinculada ao teatro, fixen Dereito por ese mantra da miña xeración de ter unha carreira de verdade, pero a miña paixón sempre foi o teatro. Así que digamos que non cambiei o dereito polas artes escénicas, estas sempre estiveron aí, foi máis ben un proceso de asumir cal era o meu camiño e darme permiso a emprendelo.

–Amantis é a súa primeira peza teatral como autora?

–Teño coescritas varias pezas, sempre acompañada, e algunha adaptación.

–Qué vai a atopar o público que hoxe acuda á representación teatral de Amantis.

–Vanse atopar cunha obra de teatro desprexuizada, divertida da que penso que van saír golpeados/as tamén. Tratamos de ofrecerlle unha experiencia ao público, unha ventá a un mundo que non é o seu pero co que empaticen. Diso vai isto: de facernos a todas e todos máis empáticos, de ampliar as nosas olladas..

–Coma ve no papel do adolescente de Amantis ó actor Roque Ruiz?

–Quen se acerque ao Auditorio a ver a peza o constatará. Roque Ruiz é unha revelación da escena. É un actor incrible que fai un traballo dificilísimo, el só. Un talento natural.

–Cree que é positivo que a xuventude quera ser o teña entre as súas metas ser influencer?

–Creo que o positivo sería que todos e todas as mozas puideran atopar quen son ou quen queren ser con máis liberdade. A presenza 24 horas ao día, sete días á semana das grandes corporacións propietarias das RRSS orientan o desexo dos e das novas. E nese contexto, é máis difícil descubrir quen es.

–Coma definiría a esta primeira xeración de nativ@s dixitais?

–Comprometidas/os, hiperexpostos, especialmente vulnerables. Penso que ser adolescente hoxe é máis difícil ca nunca.

–Comprende a esta xeración?

–Intento facelo e o meu exercicio para logralo é Amantis.

–Qué é o que máis lle sorprende desta xeración?

–A súa capacidade de dinamitar conceptos que outras xeracións dabamos por sentados, como o xénero binario.

–Como foi a súa?

–Como milenial, a miña foi a xeración sobrecualificada que tivo que afrontar o feito de ser a primeira que non viviría mellor que os seus pais.

–Ten feito papeis para series na pequena pantalia e tamén traballou na gran pantaia en películas como Trote o Maixabel. Como foi a experiencia? ¿Quédase coa pequena ou con a gran pantalla?

–Co teatro, o teatro ten algo que non adoita ter a televisión nin o cine: o goce dun proceso de creación.

Roque Ruiz, o actor revelación que participou en series como ‘El Pueblo’ o ‘El desorden que dejas’

Roque Ruiz (A Coruña, 1999) é actor e músico. Estudou na Escuela Superior de Arte Dramático de Galicia. O seu salto á televisión se produce no ano 2020, coa miniserie de Netflix El desorden que dejas, na que da vida a Roi, un dos alumnos do instituto de Novariz. A serie tivo moito calado entre os adolescentes. No 2021 tamén participou na serie El Pueblo, de Telecinco e Amazon Prime Video. Ademáis da interpretación e a música, é un gran afecionado ás artes marciales. En Amantis da vida a ese adolescente que quere ser influencer.

Suscríbete para seguir leyendo