A un día para a Noiteboa chegan a comarca do Morrazo as figuras de Papá Noel e o apalpador para estar cos máis pequenos. O apalpador vén dentro da programación “Nadal en galego” da Deputación e estará ás 13.00 horas na carpa de As Lagoas de Bueu e percorrerá as rúas e prazas de Cangas a partir das 17.00 horas. Mentras, Papá Noel hoxe estará desde as 17.00 horas en Torrecino, en Cela.