A pegada de Pepe da Pena en Bueu

Exterior da igrexa parroquial de San Martiño de Bueu

Exterior da igrexa parroquial de San Martiño de Bueu

Belarmino Barreiro Rosales

A actual igrexa parroquial de San Martiño de Bueu é unha edificación de nova traza que data das últimas décadas do século XIX construída sobre o mesmo solar onde se ubicaba o vello templo románico do que non temos imaxes e só testemuños arqueolóxicos, escultóricos e escritos maiormente a partires de inicios do século XVII como consecuencia dos saqueos e queima dos arquivos parroquiais do Morrazo sufridos pola invasión turca de 1617. Sabemos que no ano de 1861 a igrexa amenaza ruína e decrétase o peche ó culto susceptible de derrube. As controversias pola clausura entre o Concello e o rector de Bueu acaban por manifestarse ó que se lle une o posterior debate do seu arranxo, reconstrución ou demolición total e edificación dun templo novo como así acabou sendo e en febreiro de 1862 dáse conta da apertura de cementos para a nova igrexa.

En 1964 estaba plantexada e construída a nave principal… Oito anos despois estábase a tallar o cruceiro do Hío … E nese mesmo Bueu do ano 1890 o rector de San Martiño, don Cándido Alvarellos Arjomil con permiso especial do Arcebispo de Santiago de Compostela, don José Martín de Herrera, contrata obras extraordinarias na parroquial bueuesa en concepto de data a cantidade de 4.260 reais entregados ó mestre de obras José Cerviño García, veciño de Aguasantas, por ter executado as que axustou e pola cantidade referida consistentes en levantar as catro paredes do presbiterio nunha altura de dous metros sobre a que tiñan e construír a bóveda do mesmo de cantería e ladrillo formando daquela dous arcos que arrincando dos catro ángulos xúntanse no centro formando neste unha claraboia circular dun metro quince centímetros de luz ou vano coroada por un templete ou cimborrio hexagonal de forma gótica, servindo os ditos arcos de aristóns da bóveda formada de ladrillo e argamasa de cal terra e portland para que fose máis lixeira e por conseguinte máis segura a tal fin déuselle unha forma realzada ou case oxival.

Fachada principal da igrexa de San Martiño de Bueu.

Fachada principal da igrexa de San Martiño de Bueu.

Non entrou en dito axuste nin a cornisa nin as madeiras dos acimbres nin o carrexo de materiais aínda si a armación do teito deixándoo en disposición de recibir a tella (recibo primeiro). Ítem 1490 reais a dito mestre, pola cornisa de toda a capela maior … (recibo segundo), por xornais invertidos na contrución dos altares colaterais e arranxo do bautisterio, 2721,2 reais (recibo cuarto)…

No ano seguinte de 1891 reiteránse obras extraordinarias consistente na confección do altar e retábulo da capela maior, na que a altura total é de dez metros con vintecinco centímetros por seis trinta de ancho. Predomina nel o estilo oxival do segundo periodo e aínda que con algunhas variantes, axustouse a súa construción en canto foi dobre o deseño que unido queda a estas contas… nova grada de cantería que serve de base ó altar, novo baldosado hidráulico no presbiterio, ensanche do arco toural… nova tribuna ou coro alto co seu balaustre … todo en 12.862,10 reais. Todas as obras referidas executáronse por administración dirixidas polo que subscribe e servíndose este do precitado pintor e do mestre canteiro e carpinteiro José Cerviño García cos oficiais necesarios ….

Cementerio parroquial de Santa María de Augas Santas.   | // FDV

Cementerio parroquial de Santa María de Augas Santas. | // FDV / Belarmino Barreiro Rosales

Fíxose de cero o Sagrario e templete de exposición empregándose en todo o demais castiñeiro, tablóns de piñeiro tea e perchas de piñeiro de Holanda. Está colocado dito retábulo con completa independencia ou separación da parede… habendo espacio suficiente para facer todo o servicio pola parte posterior mediante escaleiras ocultas e, polas cales pódese subir á parte máis elevada … serve de base ó altar e ó retábulo unha grada de cantería construída de novo… para neutralizar o mal efecto dos seus arcos escarzáns situados nos mesmos laterais do presbiterio e que serven de tránsito ós dous corredores da sancristía, construíronse dúas portadas do mesmo estilo do altar maior as cales adosadas ós muros laterais forman ángulo recto e contribúen a darlle maior realce e esbeltez. Ten cada unha de ditas portadas un arco central de oxiva equilátera e unha altura total de cinco metros con vintecinco cm, servindo de modelo para a súa construción a fotografía que tamén se achega a estas contas ...por canto o arco toural de medio punto formado de dous concéntricos era de pouca luz e ocultaba grande parte do novo retábulo, procedeuse á darlle ensanche facendo desaparecer ou baixando o concéntrico de menor radio e que servía de acimbre ó que actualmente sunstenta … e o que agora queda mide 6 metros con 8 cm. Por máis que esta obra parecía riscada levouse a cabo felizmente sen notarse nos importes do arco, estribos do mesmo e muro que sostén, o máis lixeiro resentemento…

José Cerviño, “Pepe da Pena”.

José Cerviño, “Pepe da Pena”. / Belarmino Barreiro Rosales

Na conta extraordinaria para 1893, as obras foron na sancristía consistindo nun piso corrido que forma un rectángulo perfecto de 871 cm de longo por 320 de ancho sentado sobre catro vigas de carballo, pontóns de castiñeiro e tablado de piñeiro tea ...dúas fileiras de bancos para o catecismo dos nenos … na sancristía baixa, as xuntas de Señoras da Conferencia de San Vicente de Paúl ...mesa cómoda caixoneira … estante para vestiarios e misais e rituais… colgadores … sendo primeiro encargado delas, o mestre D. José Cerviño García quen percibiu a cantidade referida de 2491 reais..

Estas foron a grandes rasgos os traballos nos que o mestre José Cerviño participou nas obras de construción da nova igrexa de San Martiño que quedaron consignados no Libro de Fábrica da parroquia de Bueu e que o sitúan no Morrazo o último cuarto do século XIX, deste home máquina, fillo de canteiro e mestre canteiro, carpinteiro, albanel, Pepe da Pena, natural do lugar da Pena da parroquia de Santa María de Augas Santas, concello de Cotobade (Pontevedra) onde tamén morreu e foi enterrado nun discreto panteón feito por el mesmo, cego ós 79 anos e na máis pobreza absoluta que cando naceu. Laus Deo Virginique.

Torre de Santa María de Cela, novembro e trece de dous mil vinteún.

*Belarmino Barreiro é arquiveiro do Concello de Bueu.

Suscríbete para seguir leyendo