Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xela Arias e a COVID entran na Biblioteca de Madeiras do Mundo

“Un caballo que va al paso/ una abeja sin marear/ eres viento que me azota/ y yo soy un puñal”. É parte dunha das moitas cancións que Xela Arias, poeta homenaxeada nesta edición das Letras Galegas, escribiu, en castelán, para o grupo vigués Desertores e que Valerio Araújo, un dos seus membros, plasma na contraportada do último libro en incorporarse á Biblioteca de Madeiras do Mundo, a iniciativa que o artista cangués Agustín Bastón ideou hai preto dunha década e que ronda xa as 160 obras doutros tantos autores. Despois da paréntese de 2020, obrigada pola COVID-19, retómase a exposición ao público, que acada a sexta edición e estará aberta desde mañán ata o vindeiro 6 de xuño no “ecoespacio da madeira” que Soage Bastón ten en Rodeira.

Agustín Bastón, a través dunha fiestra do seu "ecoespacio da madeira", en Rodeira. G.M.P.

O traballo realizado nestes anos é moi amplo e os fondos aumentan agora coa chegada de arredor de 30 novas pezas realizadas en madeira de múltiples especies. A de Araújo en lembranza de Xela Arias está feita do pino manso que derrubou o temporal sobre a capela de San Roque, pero é só un exemplo. Así, Andrés Reboreda elabora o seu libro a partir de contrachapado fenólico de deriva, que arrastra o mar. Maite Campos elixe tronco de estripeiro para incrustar un compás ou agulla de marear e acompañala dun texto que axuda a desorientar: “Los cuatro puntos cardinales son tres, norte y sur”.

Libro que rende homenaxe de Desertores a Xela Arias.   | // G.N.

Libro que rende homenaxe de Desertores a Xela Arias. | // G.N. Gonzalo Martínez

Hai tamén unha homenaxe ao cine, como o que lle brinda Ángel de la Cruz á película “O bosque animado”, dirixida por José Luis Cuerda, ao cumprirse o 20 aniversario da versión animada, que acadou dous premios Goya. “A fraga é un tapiz de vida apertado contra as engurras da terra...”, escribiu Wenceslao Fernández Flórez e queda grabado agora sobre madeira de metrosideros excelsa. A tibouchina ou árbore da gloria é a elixida por Isabel Criado para plasmar unha figura estilizada de muller que remite aos figuríns do mundo da moda, mentres que Marina Iria García intervén con técnicas de pirograbado sobre dúas pezas de madeira de magnolio e unha máis do piñeiro manso desplomado en San Roque.

Xela Arias entra na Biblioteca de Madeiras do Mundo G.N.

A Biblioteca de Madeiras do Mundo medra tamén en países de orixen dos seus autores e autoras. É o caso de Solanyi Rodríguez, unha enxeñeira industrial da República Dominicana que escolleu a madeira de uz, utilizada tradicionalmente como combustible nas zonas rurais, para decorala con esmaltes e resinas coloristas como o seu país. Caco Costa fai uso de madeira de olmo holandés para ilustrar a portada do seu exemplar cun escuro mar de quenllas, Manuto prefire o piñeiro manso do Brasil para esculpir un tributo a Harry Potter a través do libro, coa chave incrustada, mentres que Javier Gallego opta polo bidueiro para xogar coas oquedades, algas e peteras nunha escena de pesca nos fondos mariños.

LIbros que renden homenaxe a Harry Potter e "O bosque animado", entre outros. G.N.

Vimara Pena intervén sobre unha peza de pradairo, Javier Estévez opta por madeira de albizia para facer unha introspección na memoria do bosque, que tamén explora Luís Buján en madeira de oliveira (“Yo sé que hay un árbol que me sueña a través de su tronco”), e mesmo Agustín Bastón, que bota man dunha árbore fendida por un raio tempo atrás e agora imposible de identificar para elaborar a peza “As escritas rotas”.

Compartir el artículo

stats