Día das Letras Galegas · Iniciativa cultural
Biblioteca de madeiras do mundo
Persoeiros de distintos ámbitos danlle contido á orixinal iniciativa de Agustín Bastón, que se expón ao público no Día das Letras

O artífice da iniciativa, ordenando os primeiros exemplares. // G.N.
Cangas
Escritores, arquitectos, médicos, escultores, bancarios, dramaturgos, cociñeiros, xornalistas... "A única condición é que teñan algo que dicir e que aportar a esta iniciativa na que participan amigos meus desde distintos ámbetos e profesións", explica Bastón, que estase a atopar con "verdadeiras joyitas" entre a trintena de pezas xa entregadas e que mañá, coincidindo co Día das Letras, poderanse contemplar nunha xornada de portas abertas no estudio que ten na Avenida de Ourense 44, xunto ao tradicional aserradeiro da súa familia, Madeiras Soage.
Precisamente desa tradición e oficio familiar xorde o coñecemento e o aprecio que Agustín ten de infinidade de especies arbóreas ás que quere darlle pulo. Pensou que unha boa maneira era que cada autor escollera a que lle peta e actuar sobre esa materia primera en forma de libro, enchéndoa de contidos. "Agardo que acade milleiros de exemplares algún día, porque hai especies e autores para logralo, aínda que os primeiros convidados sexan os meus amigos e as madeiras máis endémicas de Galicia", apunta, mentres lle da os últimos retoques á mostra que presenta.

Biblioteca de madeiras do mundo
O último libro en chegar, esta mesma semana, é de José Manuel Vieira - que foi capitán do exército portugués durante a Revolución dos Caraveis, e tamén xornalista e profesor de universidade- e fala das relacións de vecindade entre Galicia e o Norte de Portugal. Xunto a el agólpanse volumes de moi distinta natureza e contido, como a letra dun rap escrito por Ramón Rodríguez, unha peza hiperrealista de Antonio Graña, Tonino, unha composición para zanfoña de Cristina del Río, profesora do IES de Rodeira, ou unha poesía escrita polo escultor Henrique Prado sobre un trozo de madeira de tea dunha viga da cuberta da fábrica de Massó en Bueu, que data de 1926.
Tamén deixaron xa testemuña sobre a madeira outros coñecedores dela, como o moañés José Pastoriza, con apuntes sobre a carpintería de ribeira, o político e dramaturgo Xosé Manuel Pazos, cunha reflexión sobre o teatro ("traballar sobre o corpo e a palabra..."), un texto poético de Vázquez Pintor escrito en lápiz sobre nogal do país, ou un da autora Margarita Landa sobre unha peza de eucalipto "infartado". Encarna reflexiona sobre as mulleres, e o enólogo Jesús Pita Sors aproveita a invitación para disertar sobre a influencia dos factores medioambientais sobre a fertilidade das xemas de albariño. Honorato Parcero céntrase no proceso de análise do viño, sobre pau rosa brasileiro.

Biblioteca de madeiras do mundo
As ideas son tan variadas como a capacidade dos convidados a expresalas. A bancaria Paz Cardoso aproveita para adicar o seu libro de madeira a achegarnos un vocabulario da crise e termos como o "apalancamento" da economía, o arquitecto Manolo Pena opta por crear "o libro dos peixes", cunha fermosa figura trenzada na portada, mentres a bióloga Isabel Rodríguez Germade aproveita para dar algunhas claves doutorales sobre a produtividade das rías.
"É unha maneira de coñecer as madeiras que se utilizan de soporte ao mesmo tempo que as persoas e o traballo que realizan", explica Agustín Bastón, que leva varias décadas metido nestas danzas da cultura e a arte. Tamén leva moitos anos de oficio, ao frente dos fogóns, Tino Eiroa, propietario e cociñeiro de "O Porrón", que aproveita un exemplar de madeira de plátano para ilustralo coa receita da "caldeirada de pulpo", delicadamente ilustrada. O carteiro Ricardo Fernández debuxa lápices de cores sobre un libro de roble americano, Xabier Ríos pinta barquiños da infancia sobre acacia negra australiana e un xornalista vai recollendo todos estes testemuños nunha enciclopedia que está en permanente creación.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Guardia Civil desarticula dos grupos dedicados a la sustración de gasoil de camiones tras detectar un vehículo con garrafas en Moaña
- La Policía Local de Cangas detiene en una persecución a un individuo al que se le encuentran 13 envoltorios con cocaína
- El moañés afectado por el desplome de un talud de la Autovía sigue con la casa sepultada
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas
- Detenido por violencia de género en Moaña tras discutir y romper el móvil de su pareja
- Retenciones en la Autovía do Morrazo a las playas debido al corte de un carril por las obras de conservación del viaducto en Meira
- Agosto se cierra con problemas de barcos en A Borna y de picaduras en A Xunqueira
- Darbo alarga un día más su estancia en la Romaría