Cangas celebra hoxe os actos centrais do Día da República, cunha ofrenda floral ás 19.00 horas no Memorial da Liberdade (diante do Concello) e a lectura do manifesto “Galiza pola República”, coa intervención de Xico de Cariño. A continuación no salón de actos do Concello preséntase o libro “Lola”, de Antón Caeiro, e adicado a Dolores Rodal Blanco. Onte foi a presentación do poemario “O regreso de Vítor Sánchez”, de Xabier Boubeta.