Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Biografía de Lorenzo de Paredes (III)

O autor remata nesta colaboración a vida do mecenas que ampliou o templo de San Martiño

( Despois de investigar no arquivo parroquial de San Martiño de Moaña, no histórico de Pontevedra e no da Universidade de Cauca, en Popayán – Colombia, pola primeira vez pódese coñecer a senlleira biografía de Lorenzo de Paredes Vázquez, o máis importante mecenas da antiga freguesía moañesa...)

Como foi descrito, Lorenzo de Paredes Vázquez faleceu en Popoyán que, daquela, pertencía ao virreinado español de Perú; en canto á elección da confraría, débese ter en conta que a Virxe do Rosario era, naquel tempo, a protectora dos mariñeiros e dos emigrantes.

Pequeno núcleo de Casal de Abaixo, onde naceu Lorenzo. | // M.UXÍO

Ademais de acometer as referidas obras de alongamento do templo ao que se lle engadiu unha nova capela maior, dúas laterais e unha sancristía, despois de botar abaixo a ábsida e a anterior sancristía, ambas románicas dos séculos XII e XIII, aínda sobrou diñeiro para que a confraría mercara varias alfaias dedicadas ao culto da Virxe do Rosario; a meirande parte delas roubadas anos máis tarde e, de remate, para contratar o retablo da súa capela en cuxo ático quedou gravada a seguinte inscrición:

SUMPTIBUS DMINI. LAURENTII DE PAREDES

VICECURA PEDRO BENEDICTO AVALLE Y MARIÑO, ANNO SALUTIS MDCCLXX

(Traducido ao galego significa: Pola conta do señor Lorenzo de Paredes. Vicecura Pedro Bieito Aballe e Mariño, ano da saúde 1770).

Para o cura de Tirán

No que atinxe aos cartos que, polo mesmo conduto, mandou para o cura de Tirán e para os Giráldez, non deberon ter problemas en cobralos; por certo, descendentes desta última familia, aínda viven no Casal e, con respecto aos 1.500 reais que debían recibir os seus familiares moañeses, na data do 30 de xaneiro de 1764, asinouse un documento diante do escribán de Domaio, Faustino Pérez Montoto, no que dan poder a procuradores de Santiago para que fagan a seguinte reclamación:

… Lorenzo de Paredes, primo hermano de las otorgantes, se ausentó para el Reyno de Perú y ciudad de Popayán, en donde se falleció bajo disposición de testamento que ha hecho en dicha ciudad según que por el consta: y porque a su noticia ha llegado la que les ha comunicado Dn. Francisco Tavares, Rector y Cura propio que fue de esta feligresía (la de San Martín de Moaña) y ahora difunto en virtud de carta recibida de D. Andrés Losada Quiroga, su fecha uno de los días del mes de noviembre del año pasado de mis setecientos sesenta y uno en que expresa haber dejado el citado D. Lorenzo su primo en una de las cláusulas de dicho su testamento mil y quinientos pesos a su tía María Vázquez madre que fue de los otorgantes …

Sinatura do emigrante Lorenzo de Paredes y Vázquez, que procede do seu testamento.

Malia que, ata o de agora, non se atoparon documentos que acrediten a recepción deses cartos, é de imaxinar que os fillos de María, que morrera pobre o 12 de febreiro de 1746 segundo describiu o cura de Moaña na partida de defunción, puidesen gozar deles e levar unha vida máis desafogada.

Para completar esta singular historia, visitouse o pequeno lugar do “Casal de Abaixo”, onde, como foi referido, nacera Lorenzo de Paredes; alí, púidose contactar co matrimonio formado por Mª. Jesús Fervenza e José Romero; os cales, referiron que escoitaran dicir aos seus devanceiros que unha veciña da zona, morrera viúva e pobre, cos fillos na emigración.

(*) Investigador da historia local de Moaña

Compartir el artículo

stats