Desde el fallecimiento del alcalde de Cangas y autor teatral, Xosé Manuel Pazos, a los 63 años el pasado 25 de enero, surgió un movimiento popular, que recogió la Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de la localidad, para que el Auditorio Municipal lleve el nombre del político y dramaturgo. Hoy se cumplió con el trámite burocrático de entregar la solicitud por registro en el Concello, apoyada por un total de 26 asociaciones. La intención es “bautizar” el Auditorio Xosé Manuel Pazos el día 1 de julio, coincidiendo con el arranque de la XXXVIII Mostra de Teatro de Cangas, que Pazos ayudó a fundar como también a conseguir el auditorio. Lo hizo desde su faceta como político, en sus años como parlamentario autonómico y concejal, y también desde su faceta como amante del teatro, autor, director y actor teatral. Pazos siempre fue un hombre querido y respetado en estos dos ámbitos, y asumía con orgullo que se le identificara, incluso ser criticado por sus adversarios políticos, como “teatreiro”.

Pazos se fue pero su nombre quedará en el Auditorio para siempre. Ayer en el Concello, la directora de la Mostra, María Armesto, presentó la solicitud, para que esta sala lleve su nombre, acompañada por Salvador del Río, coordinador de la Mostra y en representación de Teatro de Ningures; la actriz Casilda Alfaro, en representación de la Asociación Cultural Xiria; Olga Sotelo, presidenta de la Asociación de diagnosticad@s de cáncer de mama (Adicam); Afonso Becerra, de la Asociación Galega de Dramaturxia y por parte de la Revista Galega de Teatro Erregueté; Carlos Riobó, del Ciclo de Teatro Aficionado do Morrazo (Citeamor) y Alfonso Marcos, de la Coral Lestonnac.

Xosé Manuel Pazos fue una de las personas que más trabajó, cuando se iban cerrando los cines en Cangas y había necesidad de un espacio para la Mostra, para conseguir el auditorio, como recordó ayer María Armesto, quien señala que muchas asociaciones, no solo de Cangas sino de toda Galicia, se han sumado a la iniciativa de este sentir popular para que lleve su nombre. Entre las asociaciones de fuera están la Asociación de Dramaturgos de Galicia, la Academia Galega de Teatro, Escena Galega , que representa el 99% de las empresas teatrales de Galicia; la Asociación actores y actrices de Galicia; o la Universidad de A Coruña, a través del departamento de Filoloxía.

Si hay unas palabras que definen al fallecido Xosé Manuel Pazos, la directora de la Mostra de Teatro de Cangas aseguran que son las de “xenerosidade”, “activismo” y “compromiso cultural e social”. Ayer sele recordaba también por su gran sentido del humor y cultura.

Los 26 colectivos

H Academia Galega de Teatro H Asociación de Actores e Actrices H A Cepa HAsociación cultural A Pipa H Belas Artes de Cangas H Charaviscas H Entrebambalinas Revista Galega de Teatro H Tromentelo H Lembranzas da Ría H Peis d´Hos HXiria H Lestonnac H Adicam H DOA de Saúde Mental H Asociación Galega de Dramaturxia H Escena Galega H Juan XXIII H Asociación Arca de Vilanova H Mulleres de Moaña H Anpa del Conservatorio de CangasH Aspamsim H Xubilados Santiago HFundación A Mangallona H Grupo Pais de San Roque H Grupo de investigación lingüística e literaria galega-Illa de la Facultad de Filoloxía de la Universidad de Santiago H Teatro de Ningures

26 Asociaciones que apoyan

Academia Galega de Teatro

Asociación de Actores e Actrices

A Cepa

Asociación cultural A Pipa

Belas Artes de Cangas

Charaviscas

Entrebambalinas Revista Galega de Teatro

Tromentelo

Lembranzas da Ría

Peis d´Hos HXiria

Lestonnac

Adicam

DOA de Saúde Mental

Asociación Galega de Dramaturxia

Escena Galega

Juan XXIII

Asociación Arca de Vilanova

Mulleres de Moaña

Anpa del Conservatorio de Cangas

Aspamsim

Xubilados Santiago

Fundación A Mangallona

Grupo Pais de San Roque

Grupo de investigación lingüística e literaria galega-Illa de la Facultad de Filoloxía de la Universidad de Santiago

Teatro de Ningures

Biografía de Xosé Manuel Pazos (Por María Armesto)

Xosé Manuel Pazos Varela nacido o 19 de marzo de 1957 na parroquia canguesa de Coiro, na “Casa da Inquisición”. Casado e pai de dous fillos, fina en Vigo o 25 de xaneiro de 2021, aos 63 anos de idade.    Fillo de Jacinta Varela Germade, traballadora de Massó, e de José Pazos Pereira, traballador da mariña mercante, asiste á Escola Vella de Coiro e, aos oito anos, segue os seus estudos en Cangas, na Escola de Don Bernardino, pai de Bernardino Graña. En 1.971, becado pola conserveira Massó, trasladase á Universidade Laboral de Cheste, Valencia, para estudar bacharelato e, posteriormente, á Universidade Laboral de A Coruña. Decide estudar a carreira de Maxisterio na Escola Universitaria de Pontevedra.  Mestre de profesión, empeza traballando na montaña sanabresa, provincia de Zamora, onde desenvolve unha importante actividade teatral entre a veciñanza do concello de Lubián, un dos seus destinos de traballo. Nos anos 80 regresa a Cangas e traballa nos centros de ensino de Montecarrasco e San Roque e introduce entre o seu alumnado a actividade teatral, un recurso pedagóxico que considera imprescindible. Implícase a fondo no movemento teatral galego e é un dos pioneiros do florecemento teatral en Cangas ao participar activamente, como autor, actor e director, na creación dos grupos afeccionados “Matamoura” e “Múa”, e da compañía profesional “Teatro de Ningures”. Intervén na creación da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e dirixe as dez primeiras edicións nas que impulsa o TEATRAGAL, uns pioneiros encontros entre Galicia e o norte de Portugal. Con Teatro de Ningures impulsa, tamén, a primeira coprodución teatral, profesional, galego-portuguesa da historia de Galicia.  

 

Como autor, traductor e dramaturxista traballou habitualmente en Teatro de Ningures, a Revista Galega de Teatro (da que é membro do Consello de Redacción) e en diversos espectáculos de “Teatro do Atlántico” e outras compañías como o “Centro Dramático Galego”. Labor co que acadou importantes recoñecementos. 

 

Dedicou boa parte da súa vida ao servizo público e á cultura, participando activamente no movemento reivindicativo de distintos sectores culturais e colectivos sociais como coa Asociación Cultural XIRIA, na demanda de construir un Auditorio Municipal que permitise dinamizar a actividade cultural da vila. 

 

Foi concelleiro de Cultura de Cangas en dúas etapas, en 1995-97 e en 2007-09. Entre 1997 e 2001 foi deputado no Parlamento de Galicia. Finalmente, no 2015, é elixido Alcalde de Cangas, cargo que desempeña ate o seu pasamento, en xaneiro de 2021. Á fronte do Concello, impulsa a vida cultural da vila, con Certames, Festivais folclóricos e musicais, Galas da Cultura ou das Letras Galegas, Premios culturais e artísticos como “Arte no Morrazo”, así como a Festa Histórica “A defensa da vila”, que recrea cada ano, con grande realismo, a invasión turca á que tivo que facer fronte o pobo cangués no ano 1.617. Desde o Concello apoiou activa e financieiramente a produción do filme “Maria Soliña” do director galego, Ignacio Vilar, rodada en destacadas localizacións da xeografía canguesa e coa participación de actores e actrices locais.  Traballador incansable a prol da cultura e en converter CANGAS nunha CAPITAL da CULTURA, tal e como recolle o seu slogan preferido: “Cangas con C de Cultura” 

AUTOR

 INRI (INiciativa polos Recortes no Idioma). Publicada con micropezas de outros autores e autoras na Revista Galega de Teatro nº 76. Outono 2013 

 ESPELLISMO. Texto breve para o libro colectivo “Banqueiros”, coordinado por Francisco Pillado Maior. Ed. Laiovento. 2012. 

 IDA E VOLTA (TAXI) – Texto para o espectáculo “Emigrados”, estreado por Teatro de Ningures, con outros textos de Cándido Pazó, Sonia Torre, Anxos Sumai e Suso de Toro. Ano 2007. Publicado na Revista Galega de Teatro nº 58. Primavera 2009. 

 ▪ Premio Max 2008 ao mellor texto teatral en galego. 

 ACT - TRESS (Tres pezas de café - teatro): ▪ C@NTANDO @S CORENTA, estreada pola actriz Casilda Alfaro na XVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Setembro 2.001. ▪ TRÍO DE TANGO, 2002. Lectura dramatizada no MARCO de Vigo, dirixida por Ricardo Solveira. Ano 2006. ▪ COCÓ GLAMOUR EN CANTADA (DA VIDA), Ano 2.004. Publicadas na Revista Galega de Teatro nº 45. Inverno 2005. 

 CRÓNICAS DA PESTE, estreada polo Grupo do IES de Rodeira (Cangas). Ano 2003. 

 CRÓNICA DE PANTAGRUEL, sobre a obra de Rabelais, estreada por Teatro de Ningures no ano 1992. Publicada na Revista Galega de Teatro nº 18. Ano 1998. 

 MARÍA SOLIÑA, estreada por Teatro de Ningures no ano 1989 e polo Grupo do IES “María Soliño” (Cangas) no ano 2003. Publicada na R.G.T nº 18. Ano 1998. Editada, en castelán, no volume “La nueva dramaturgia gallega”, de Manuel Vieites. Publicaciones de la ADE. Ano 1998. 

 O CAZADOR BURLADO, peza de teatro infantil publicada pola Xunta de Galicia no volume “O Teatro, o xogo de sempre”. Ano 1987. 

 A MÁXICA ASCENSIÓN DE EURIPO FLORO, estreado polo Grupo Xente Nova de Lubián (Zamora). Ano 1982. 

 O PROFETA ou O DERRADEIRO BERRO DE RANDULFO, estreado polo Grupo Matamoura de Cangas, no ano 1980. 

 LAÍDOS PRA DESPOIS DUNHA GUERRA, estreado polo Grupo Matamoura de Cangas no ano 1979.  

 ADAPTACIÓNS / VERSIÓNS/ DRAMATURXIAS: 

 

BORDADORA DE SOÑOS, adaptación da obra “Mariana Pineda”, de Federico García Lorca. Para a Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas. Ano 2014. 

 SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN, adaptación da obra de William Shakespeare. Para a Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas. Ano 2013. 

 MISERICORDIA, versión teatral da novela homónima de Benito Pérez Galdós. Para Teatro de Ningures. Ano 2006. 

 TARTUFO, de Molière. Tradución-adaptación. Para Teatro de Ningures. Ano 2005. 

 TROIANAS, versión a partir de Eurípides e outros autores (con Etelvino Vázquez). Para Teatro de Ningures. Ano 2004. 

 CÍRCULO, de Suso de Toro. Versión teatral da novela (con Etelvino Vázquez). Para Teatro de Ningures. Ano 2002. 

  Premio “Max” 2003 ao mellor texto teatral en galego. 

 ECOS E VOCES DUN TEMPO E DUN PAÍS, recital poético de autores galegos. Autor dos textos de enlace e dramaturxia (con Xulio Lago), Teatro do Atlántico. Ano 2002. 

 GALLAEGARIA, a partir de textos de Plauto e Patricio Chamizo. Estreada polo Grupo do IES de Rodeira (Cangas) no ano 2002. Montaxe gañadora do Certame Galego de Centros de Ensino na campaña “Entre nós en galego” do mesmo ano. 

 FAUSTO, de Cristopher Marlowe. Tradución e adaptación. Para Teatro de Ningures. Ano 2001. 

 UBU REI, adaptación do texto de Alfred Jarry. Para a Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Ano 2000. 

 SEIS POEMAS GALEGOS, de Federico García Lorca. Autor dos tres poemas de enlace. Para o recital de Teatro do Atlántico. Ano 1998. 

 TIC-TAC, versión teatral da novela de Suso de Toro (con Etelvino Vázquez). Para Teatro de Ningures. Ano 1995. 

 ELEKTRA, adaptación do texto de Hugo Von Hoffmansthal. Para Teatro de Ningures. Ano 1991. 

 ZEUSSSIÓN CONTINUA, adaptación a partir de “God”, de Woody Allen. Para Teatro de Ningures. Ano 1986.  

E VOSTEDE COMO SE CHAMA?, sobre textos de varios autores. Para ara a E.D.G. de Vigo. Ano 1985. 

 VIVA O DUQUE, NOSO AMO, adaptación da obra de José Luis Alonso de Santos. Para o Colectivo de Teatro Múa. Ano 1984. 

 A PAZ, sobre textos de Aristófanes e Francisco Nieva. Para o Colectivo de Teatro Múa. Ano 1983. 

 TRADUCIÓNS 

 

AS BRUXAS DE SALEM, de Arthur Miller. Para a Escola de Teatro de Cangas. Ano 2019. 

 DIVINAS PALABRAS, de Ramón María Del Valle Inclán. Para a Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas. Ano 2017. 

 INCENDIOS, de Wajdi Mouawad. Para a Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas. Ano 2016 

 UNHAS POUCAS PICADELAS, de Laila Ripoll. Para Teatro de Ningures. Ano 2015. 

 BAGOS DE UVA NO PADAL, de Susana Hornos e Zaida Rico. Publicado na Revista Galega de Teatro nº 76. Inverno 2013. 

 A CHARCA INÚTIL, de David Desola. Para Teatro do Atlántico. Ano 2013. 

 Premio María Casares 2014 no apartado mellor tradución / adaptación. 

 E.R. (Algún día traballaremos xuntas), de Josep María Benet i Jornet. Para Teatro do Atlántico. Ano 2011. Nomeada para os Premios María Casares 2013 no apartado de mellor tradución / adaptación. 

 POR QUE AS ACACIAS NON HAN DAR XAROPE?, de Luis Araújo. Publicada na Revista Galega de Teatro nº 64 . Ano 2010. 

 CARTA DE AMOR A STALIN, HIMMELWEG e A PAZ PERPETU, de Juan Mayorga. Publicada na colección “Biblioteca da ESAD”. Editorial Galaxia. Ano 2009. 

 ATRA BILE, de Laila Ripoll. Estreada por Teatro de Ningures no ano 2009. 

 SEIS PERSONAXES Á PROCURA DE AUTOR, de Luigi Pirandello. Para o Centro Dramático Galego. Publicado na “Colección C.D.G. nº 35”. Decembro 2005. 

 TERRA POLO MEDIO, de Ernesto Caballero. Publicada na Revista Galega de Teatro nº 41. Inverno 2004. 

OS VIVOS E OS MORTOS, de Ignacio García May. Publicada na Revista Galega de Teatro, nº 37. Inverno 2003. 

 VANZETTI, de Jesús Araujo. Para Teatro do Atlántico. Ano 2002. 

 PERVERTIMENTO, de José Sanchis Sinisterra. Para Teatro do Atlántico. Ano 2002. 

 AS VOCES DE PENÉLOPE, de Itziar Pascual. Publicada na R.G.T. Nº 31. Verán 2002. 

 A BALADA DO CÁRCERE DE CIRCE, de varios autores. Publicada na R.G.T. nº 26. Primavera 2001. 

 SOLO PARA PAQUITA, de Ernesto Cabalero. Para Teatro do Atlántico. Ano 2000. 

 MEMORIA, de Yolanda Pallín. Publicada na R.G.T. Nº 24. Ano 2000. 

 O CERCO DE LENINGRADO, de José Sanchis Sinisterra. Para Teatro do Atlántico. Ano 1999. 

 HOLLIDAY AUT. POSTAL DE AMOR, de Itziar PascualAMOR DE DON PERLIMPLÍN CON BELISA NO XARDÍN, de Federico García Lorca. Para Teatro do Atlántico. Ano 1998. Estreada, tamén, pola Compañía Espello Cóncavo.  Publicada na RGT nº 21. Ano 1999. 

  TERRA DE LOBOS. Tradución da parte galega da obra bilingüe galego-portuguesa de António Torrado, baseada no conto “Lobosandaus”, de Méndez Ferrín, coproducida por Teatro do Noroeste (Centro Dramático de Viana) e Teatro de Ningures. Ano 1996. 

 LEXIÓN, de Juan Mayorga. Publicada na Revista Galega de Teatro, nº 16. 

 MARIANA, de José Ramón Fernández. Publicada na R.G.T. nº 16. 

 É MENTIRA, de Jesús Campos. Tradución para o Grupo de Teatro Múa. Ano 1982. 

 OS MENDIGOS, de José Ruibal. Para o Grupo de Teatro Matamoura. Ano 1981. 

 

 PREMIOS E MENCIÓNS 

 

▪ PREMIO “MARÍA CASARES” 2014 Á MELLOR TRADUCIÓN / ADAPTACIÓN: “A charca inútil”, de David Desola. Teatro do Atlántico. 

 

▪ PREMIO “MAX” 2008 AO MELLOR TEXTO TEATRAL EN GALEGO. “Emigrados”, de Teatro de Ningures. Compartido con Cándido Pazó, Anxos Sumai, Sonia Torre e Suso de Toro. 

 

▪ PREMIO “XIRIA” AO LABOR TEATRAL. XXI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Ano 2003. 

 

▪ I Premio de Teatro da campaña institucional da Consellería de Educación “Entre nós en galego”, ao espectáculo “Gallaegaria”, representado polo I.E.S. Rodeira. Ano 2.002. 

 

▪ Nomeado Premio María Casares á mellor tradución/adaptación por “E.R. (Algún día traballaremos xuntas). Ano 2013. 

 

▪ Nomeado Premio María Casares ao mellor texto orixinal por “Emigrados”. Ano 2008. 

 

▪ Nomeado Premio María Casares á mellor tradución/adaptación por “Tartufo”. Ano 2006. 

 

▪ Nomeado Premio María Casares á mellor tradución/adaptación por “Troianas”. Ano 2005. 

 

▪ Nomeado Premio María Casares á mellor tradución/adptación por “O cerco de Leningrado”. Ano 2000.   OUTRAS MENCIÓNS: 

 

▪ Finalista do PREMIO NACIONAL DE TRADUCCIÓN por “Exercicios de Estilo”, de Raymond Queneau (con Henrique Harguindey). 1996. 

 

▪ 1º Accésit no II Concurso de Microrelatos convocado pola “Lonxa Literaria de Moaña”. Ano 2004.  

 

XOSÉ MANUEL PAZOS VARELA ten participado, tamén, como relator, nun bo número de encontros e foros de debate (Congreso de Teatro Profesional de Ferrol, Mesas redondas no Consello da Cultura Galega, Debates no TEATRAGAL - encontros de teatro galego e portugués- en Cangas e Viana do Castelo etc). Colaborou tamén con varios xornais e revistas especializadas en teatro e participou en diversos libros colectivos sobre o feito teatral.