Os Premios Johán Carballeira de Xornalismo e Poesía seguirán a ser referentes a nivel galego despois de que o prazo de envío de taballos rematase cun total de 69 obras presentadas. O departamento de Cultura do Concello de Bueu recibiu 50 poemarios e 19 obras xornalísticas, confirmando o progresivo incremento da participación nos últimos tempos.

O xurado formaráse nas próximas semanas e os gañadores en ambos apartados coñeceránse entre finais de abril e comezos de maio. Cada unha das categorías está dotada con 1.500 euros e no caso da de Poesía inclúe a publicación do poemario gañador. O concelleiro de Cultura, Xosé Leal, subliñou “a aposta pola creación na nosa lingua” e quixo destacar tamén o aumento do número de traballos que concurren na categoría de Xornalismo.