Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

O chiringuito de Area dos Cans, en Ons

Fai 31 anos que se inauguraba o chiringo de Area dos Cans. Trinta e un anos de historia dunha familia emblemática da Illa. María Pérez, a matriarca, que xunto co seu home, Mino Costas, montaron na praia un chiringo onde a tranquilidade, a liberdade, o sosego, a paz,?, era o discorrer diario dos que tiñamos a sorte de gozar dese entorno de harmonía e de equilibrio coa natureza. María Pérez, é neta de dúas das persoas máis representativas da Illa doutros tempos. Cachote o mellor carpinteiro de ribeira que existiu na Illa e que deu vida a todas as dornas deste arquipélago e a súa muller Rosa a comadroa que axudou a traer ao mundo a moitos veciños illáns,

María López, a súa neta, con moito esforzo, sobre todo económico, logrou que a administración lles deixara montar un chiringo en Ons. Todo foi moi ben, aínda coas dificultades xurdidas de ter que trasladalo fora da praia para evitar que unha marusía llo levara. Logo unha terrible enfermidade apartouna, non sen antes, as súas magníficas fillas, María e Eva, seguir e non abandonar o legado deixado pola súa nai.

O chiringo, era de montar e desmontar, pero alguén da administración díxolles a estas dúas rapazas que, cumprindo unha normas, poderían ter un fixo, en equilibrio coa natureza, e así o fixeron, tendo que investir uns cartos que non tiñan e que houbo que pedir. Pero, así é como funciona a administración en Ons, despois de darlle o SI, e con catro anos as súas costas cumprindo con todo o que lles mandaban, dinlle que hai que sacalo, baixo ameazas de fortes multas.

Que mal fixeron estas dúas mozas, cumprir a Lei!!! Adaptarse a todo o que lle esixían dende a administración!!! Dar servizos que Parques non daba!!!..., e así lles pagan. Dúas mozas, que só querían traballar na súa terra, a Illa de Ons, que as veu nacer e pola que a súa nai loitou ata o seu pasamento.

Así é como tratan os políticos da Xunta as novas xeracións, ollo, as traballadoras, aquelas que compren coa Lei, as que axudan a manter a natureza,..., así é como trata á xuventude traballadora a persoa que gañou as eleccións pasadas.

Vai por ti, Sr. Presidente da Xunta.

*Presidente de PineirÓns

Compartir el artículo

stats