Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Morremos ás sete, cando ti espertes"

A Asociación Amigos de Johan Carballeira lembra a súa figura no cabodano do seu fusilamento

Unha foto súa.

Ao romper o día do 17 de abril do ano 1937 Johan Carballeira, o xornalista, poeta e alcalde galeguista de Bueu escribía as súas últimas liñas antes de ser asasinado, escritas polo parte posterior dunha foto, as palabras son as dun home que está a vivir a súa última hora pero sen unha soa palabra de rancor contra os que o van matar. A nota, dirixida á súa moza, dicía: "Lolita, Lolucha: Conserva esta foto donde escribo cuando falta una hora y cuarto para morir, a las seis menos cuarto. Morimos a la siete, cuando tú despiertes y pienses en mí, seguramente. Cueva".

Coas súas últimas palabras a Asociación Amigos de Carballeira cando se cumpre o cabodano do seu aniversario, malia as circunstancias que impiden a celebración dos actos de homenaxe, queremos lembrar a Carballeira e a todos os que coma el defenderon a democracia que representaba a II República fronte aos golpistas que encheron Galiza de morte e represión. Temos o deber moral de lembrar a súa figura e a de todos os veciños e veciñas de Bueu que foron asasinados polos fascistas. O seu único "crime cometido" a defensa das ideas democracias e procurar unha vida mellor para os seus veciños.

Ademais de Carballeira perderon a vida pola defensa da democracia, Ricardo Gómez Buceta, José De la Torre, Francisco Piñeiro, Francisco García, Jacinto Lamosa, Francisco Escáneo, José Seijas, Julio Castro...; outros foron detidos e levados a San Simón ou o Penal de San Cristóbal, onde perderon a vida algúns deles; varias mestras e mestres foron cesados dos seus postos, mulleres rapadas, fuxidos e familias que sufriron o medo e a represión durante moitos anos.

Dende a Asociación Amigos de Johan Carballeira queremos lembralos a todos eles a través da figura máis significativa da vida política da nosa vila, o alcalde e militante do Partido Galeguista Johan Carballeira.

O seu legado segue entre todos os veciños e veciñas de Bueu igual que o de todos os que foron vítimas da intolerancia e da represión por parte dos golpistas e do seu brazo executor representado polos gardas cívicos. Porque en Bueu como en toda Galiza non houbo guerra como tratan de facernos crer, senón que unha cruenta represión encamiñada a facer calar a todos os que difundían as ideas de progreso e avance que representaba a II República. Para todos eles vai a nosa homenaxe.

*Presidente da Asociación de Amigos de Johan Carballeira

Compartir el artículo

stats