A Asociación Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas sabe dalgunhas iniciativas para conmemorar a II República en Cangas nestos tempos de pandemia. Así, un saxo, interpretando o Himno de Riego, amenizará dende unha terraza en Rodeira todo o ámbito dende os campos do Keniata ata a rotonda da escultura de Moncho Conde.

A conmemoración da proclamación da II República sempre foi unha data moi marcada no calendario de actos neste municipio que realiza unha ofrenda floral no Memorial da Liberdade, unha ruta guida por Cangas e unha serie de charlas e documentais.