Fóisenos Roberto, sen avisar, cando ía comenzar a rutina diaria de adestramento. Deixounos un enorme valeiro que nos produce vertixe. Vital, alegre, combativo, un ferrote do remo. Con el iamos onde fose porque tiñamos a seguridade de que ía dalo todo en cada palada.

Atrás quedan anos competindo sudor, sufrimiento e alegrías, sempre unidos polo amor profundo que compartimos por Tirán, a nosa terra e o noso clube.

Remeiro bravo, na máis pura liña da tradición dos remeiros de Tirán, que ti mamaches dende rapazote .

Nestes momentos de desacougo, nos que todos quedamos en shock, non temos palabras para decir o que sentimos, pero a nosa dor nunca será comparable á dor da túa muller, Marita, a dos teus fillos e a dos teus pais.

Os pais non deberían nunca pasar polo trance de enterrar a un fillo.

Nós quedamos con recordo das risas e das paladas que demos xuntos.

Se algunha vez volvemos ao mar, a Pedra do Pejo será sempre testigo da túa memoria.

Pedímoslle prestado uns versos do poeta do mar Bernardiño Graña.

Como imos bogar mañán sen a luz túa, remeiro de Tiran?.

Veteranos de la Sociedad Deportiva Tirán.