O musical "Miserábeis" do IES Illa de Ons vén de sumar un novo recoñecemento: o Premio Educación en Valores, que entrega a Deputación de Pontevedra dentro dos III Premios Provinciais á Xuventude. O xurado destacou a aposta por un proxecto de "teatro musical como procedemento para educar en igualdade e nas competencias clave de carácter intelectual e socio-emocional". A entrega foi o xoves no Pazo Provincial.

O espectáculo é unha adaptación teatral e musical propia, no que participan máis de medio cento de intérpretes entre alumando, docentes e persoal non docente. Trátase dunha revisión contemporánea e feminista, integramente en galego, a partir da coñecida novela de Víctor Hugo.

Este recoñecemento por parte da Deputación de Pontevedra súmase ao Premio de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística que lle concedeu previamente a Xunta de Galicia.