Co gallo da celebración o pasado 23 de abril do Día do Libro e do próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Asociación Espazo Feminista Marín celebrará este 3 de maio unha actividade cultural que contará con Marilar Aleixandre, escritora e membro da Real Academia Galega, para falar do papel da muller na literatura galega. O acto leva por título "Unha mirada feminista á literatura" e a cita será o venres ás 20.30 horas na Biblioteca Pública Municipal de Marín.