Fillo de emigrantes, naceu en Bruxelas en 1969 e retornou con oito anos a Vigo, onde estudou Primaria e Secundaria e diplomouse en Maxisterio na Escola de Pontevedra. Desde 2003 imparte clases no colexio Divino Salvador de Vigo, un traballo que lle fai feliz, igual que ler e escribir. Escribe desde os nove anos, como recoñeceu aos alumnos de 5º e 6º de Primaria do colexio Eduardo Pondal, de Cangas, na charla que impartiu, dentro do programa educativo FARO DA ESCOLA, que ten en marcha o diario decano da prensa nacional co patrocinio de Vitrasa, Vegalsa e Deputación e a colaboración de Xerais e CSIC.

O escritor de "Avións de papel"-finalista no Premio Merlín en 2016- non era un extraño para os alumnos do Eduardo Pondal. Desde fai tempo traballan coa súa obra nas clases de Comunicación que imparten, en castelán e en galego, os mestres Paloma Andrade e Pepe Martínez "Cachiso". Estévez é autor de, polo menos, seis libros "A lenda do rei Lobo" (2008), "A rapaza da fiestra" (2010), "O corazón da maxia" (2015), "Todos os soños" (2015), "Avións de papel" (2017) e "Kibuko" (2017) e foi gañador do XII Premio Frei Martín Sarmiento, na categoría de 5º e 6º de Primaria, con "Todos os soños", ademáis de finalista no Premio Merlín de 2013 e 2016 e na I Gala do Libro Galego na categoría de literatura infantil e xuvenil con "O corazón da maxia", "Avións de papel" e "Todos os soños", respectivamente.

Pola súa condición de mestre e bo narrador, Xavier Estévez conectou xa, desde o primeiro momento, cos rapaces, ós que dixo que estar con eles era o seu mellor premio.Preguntáronlle de todo, desde por que nacera en Bruxelas a as súas fontes de inspiración, si traballaba nun novo libro e cal dos escritos ata de agora sentía máis orgulloso. Del souberon que lle gusta escribir nas cafeterías de Vigo, mais que na casa, que o fai rápido e que tamén os seus alumnos len os seus libros, mesmo alguns deles e os seus pais chegan a ser personaxes.

A charla, ás 09:30 horas, celebrouse na biblioteca, un lugar máxico, rodeado de libros, onde as preguntas curiosas dos alumnos e as respostas do autor entrelazáronse nun encontro moi fermoso. Los nenos quedáronse coa idea do escritor, de que teñen que ter tempo para aburrirse. Foi unha das claves da charla: "O aburrimento é necesario para fomentar a creatividade", díxolles baixo o prisma da súa propia experiencia. Contoulles que de neno, foi mal estudante -nunha ocasión suspendeu cinco materias, e que os seus mestres dicíanlle que non ía a chegar a ningún sitio. Pero foi no seu aburrimento onde topou a súa vocación de escritor. Con nove anos escribiu a súa primeira historia,un guión para unha película. Deuse conta que non tiña cámara para gravala, pero divertiuse escribindo, dixo. E segue facéndolo. Onte anunciou que está escribindo un novo libro, sobre a historia duns nenos nunha aldea medieval e una armadura de dragón.

Aconsellou aos alumnos, que lle preguntaron si prefería ser mestre ou escritor, que hai que quedar co que che fai feliz, no seu caso, traballar con nenos, escribir e ler. Lembrou que con 12 anos gañou o seu primeiro premio literario e comprouse un balón e que si ten predilección por algú dos seus libros é por "A rapaza da fiestra" porque é moi emotivo. Neste libro estivo todo un ano escribindo. Contou, a modo de anécdota, que "O corazón da maxia" ten como protagonista a súa filla, que cando se publicou, fai tres anos, ensinoulle orgulloso. Onte cumpliu 13 anos e o libro segue sen ler. Todos riron.