Merecida homenaxe a un sementador de esperanza e bondade
Veciños de Frades, Mesía e Bueu homenaxean a Pedro Santos Canosa

O responsable de Cáritas Bueu, Álvaro Davila, un dos bos amigos de Don Pedro en Bueu. // L.G.
D.garcía | Bueu
Estivo pouco tempo en Bueu. Apenas seis anos, entre 2009 e principios de 2015. Pero foi tempo suficiente para facerse un oco no corazón de moita xente, xa fosen asiduos da igrexa ou máis ben descreídos. Pedro Santos Canosa, "Don Pedro", finou en novembro do ano pasado e esta semana nas terras de Frades e Mesía, alá onde pasou moitos anos amigos e veciños brindáronlle unha sentida e emotiva homenaxe. Un recoñecemento que saía do máis profundo do corazón da xente coa que conviviu, traballou e sufriu ao longo de décadas. Entre os asistentes estaban tamén algúns dos amigos que deixou en Bueu, onde hoxe segue a ser recordado con gran cariño e añoranza.
A homenaxe foi no coñecido como Campo das Virtudes de Vitre, en Frades, e en primeiro lugar houbo unha misa na súa honra na capela. Logo, antes dun xantar comunitario, descubriuse un monolito no que estaba gravado o seu rostro e unhas verbas do coñecido músico Mero. "Crego, sementador de esperanza. Foise en silencio, déixanos un abrente de esperanzas".

Merecida homenaxe a un sementador de esperanza e bondade
Tamén houbo tempo para a música tradicional e para que as xentes que o coñeceron e trataron lembrasen a súa figura e personalidade, chea de bonhomía e dun sentido do humor ateigado de ironía.
A bo seguro que o único que tería lamentado o homenaxeado foi o feito de non ter estado presente, aínda que estaba no corazón de todos os asistentes.
- Fiesta en la Carnicería de José.
- Hasta 22 moañeses instalan casetas de murciélagos en sus terrenos para luchar contra el mosquito tigre
- Iliham Khazuoti, abogada de Cangas: «La nueva ley de extranjería acaba con el puente del asilo»
- Seis comunidades de montes se unen para la primera tala y subasta conjunta de madera
- Los 100 años de Manuel de Rosa de los Vientos
- Arrojan otros dos gatos a la basura en Cangas y el Seprona lo investiga como delito de maltrato animal
- El epicentro de Cangas recibirá al verano con espíritu peatonal
- Desde Cangas para la India