Síguenos en redes sociales:

Premio Suso Vaamonde aos movementos sociais

Unha das novidades deste ano é que a organización entregará o I Premio Suso Vaamonde aos movementos sociais, unha iniciativa coa que se quere premiar a proxectos sociais e solidarios ao tempo que se reivindica a figura do cantautor finado en 2000. Na xornada do sábado haberá unha charla ao redor da súa figura no local social da Tiradoura a partir das 17.30 horas baixo o título "Suso Vaamonde, unha vida em prol dumha luita" e na que estarán presentes Senén Vaamonde e Tino Baz.

Dende Sons da Liberdade explican que os finalistas desta primeira edición do Premio Suso Vaamonde son 16, nos que hai escolas autoxestionadas, medios alternativos, centros sociais, un colectivo en defensa dos animais e varias iniciativas solidarias.

Pulsa para ver más contenido para ti